13/09/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
"Calquera ataque ou solución" dirixido "erroneamente" sobre o sector financeiro pode xenerar un acceso ao creto "menor e máis caro", o que tería "un impacto negativo na economía real" .- Alfredo Sáenz vicepresidente e conselleiro delegado do Santander.
Este señor que ten asegurada unha xubilación
case coma túa
(85,7 millóns de €) ameaza sen rubor ao
Estado, ven a dicir que si o Goberno toma
algunha medida parecida á de Alemaña, onde se
aprobou unha
taxa á banca para afrontar posibles “rescates”,
pecharán a billa do creto.
Unha
ameaza en toda regra. Despois de que se lles
inxectaran centos de miles de millóns, que
utilizaron para cadrar as súas contas de
resultados e poder así, entre outras cousas,
abordar esas xubilacións multimillonarias, non
queren asumir a súa responsabilidade ante
futuras insolvencias.
Amosan a súa capacidade de presión diante dun
Goberno debilitado, sen capacidade de reacción
e dependente dos ditames dos poderes
económicos.
O Goberno ten unha solución, reclamarlles a
devolución inmediata dos cartos e crear unha
banca pública alternativa que posibilite unha
xestión do diñeiro máis transparente e
encamiñada á reactivación económica e á
satifacción das necesidades dos cidadáns.
O que
non pode, o Goberno, é ser o lacaio do capital,
quen lle solucione a crise
a costa dos traballadores/as. Pero para
iso tería que ser outro Goberno.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript