06/09/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O Reino de España segue a ser onde máis paro hai da Unión Europea, ten o dobre da media na UE.
Galicia non é unha illa no
medio dun océano de precariedade, no mes de
agosto acabaron no paro 1.743 persoas máis no
noso país o que fai un total de 211.532
desempregados/as cifra que representa un 8,34
por cento máis que en agosto do ano pasado
(16.291 parados/as máis).
Na comunidade galega, o desemprego creceu máis
entre o colectivo feminino que no masculino.
Así, o total de mulleres paradas aumentou en
1.327 ol mes pasado, ata alcanzar as 115.163.
No caso dos homes, rexistráronse 416
demandantes de emprego máis que en xullo, ata
sumar 96.369.
O número de afiliados á Seguridade Social en
Galicia descendeu en 431 persoas, un 0,04 por
cento, ata alcanzar un total de 1.029.214 en
agosto respecto a xullo. Ademais, a comunidade
rexistrou 17.777 afiliacións menos que no mesmo
mes de 2009, é dicir, un descenso interanual do
1,7 por cento, segundo informou o Ministerio de
Traballo.
Isto pon de manifesto dúas cousas:
Para que se remate co desemprego fai falla cambiar radicalmente as políticas económicas, fiscais, laborais e sociais.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript