Desde
logo non vai ser o PP, nin o PNV nin CIU quen
llo reclame, seguro que o sangue non vai chegar
ao río e non vai ser necesario.
O Goberno do Etado basea a súa política fiscal
en gravar as rendas do traballo e nos impostos
indirectos, (por certo que
a recadación por IVE en Galicia crece en xullo
un 543% ao subir o imposto)
,
rebaixando os impostos das grandes
fortunas, patrimonios, e o de Sociedades, non
combate a fraude fiscal, permite que os
capitais se movan dun lado a outro, sen estar
suxeitos a ningunha tributación sen tomar
ningunha medida para eliminalos (pola contra,
mantén as SICAV, que son un auténtico paraíso
fiscal para as grandes fortunas)
Utilizaron o diñeiro recadado, esencialmente
aos traballadores e traballadoras, para saír ao
rescate dos grandes bancos, apoiando a economía
especulativa e marxinando a economía produtiva,
e con ela a creación de riqueza, nin se
incrementou o gasto social imprescindible en
épocas de recesión.
A política fiscal ten que xirar sobre o
criterio de progresividade (que pague
máis o que máis ten).
* Hai que poñer os
medios necesarios para loitar contra a economía somerxida (É
‘negro’ o 25% do diñeiro que se move cada ano en Galicia)
e a fraude fiscal.
* Hai
que acabar coas SICAV.
* Hai
que controlar e penalizar coas taxas necesarias os
movementos de capitais.
* Hai
que apostar pola economía produtiva acabando cos movementos
especulativos
* Hai
que impoñer taxas aos bancos. Hai que crear, a través das
caixas de aforro, unha banca pública no canto de
privatizalas
* Hai que
tomar partido polos traballadores/as e polos máis
desposuídos activando o diñeiro recadado en políticas
sociais.
Indicou tamén, o presidente, que os presupostos “serán los convenientes”, como case
todo en política esixe tomar opción, porque o que é bo para
o capital case sempre é prexudicial para os traballadores.
Esta frase dita por un señor que sacou adiante
a reforma laboral que precariza laboral e
economicamente a situación dos traballadores/as
que facilita e abarata o despido, que
sacrificou aos traballadores/as para beneficio
do capital máis voraz, non fai máis que
poñernos sobre aviso do que nos ven enriba.
Para aclararnos aínda máis a situación Zapatero
planea “Dous
ou tres anos de reformas”
Os
traballadores/as non temos opción, a este
ataque de envergadura inédita só cabe unha
resposta da mesma medida.