setembro de 2010
 
 

06/09/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Empresario despide por SMS

Os empresarios, para desfacerse dos seus traballadores/as utilizaron moitas veces métodos que, ademais de deixar sen traballo ao afectado/a, tamén minan a súa dignidade persoal. Son moitos os exemplos:

 

 

Peches patronais onde o traballador/a se atopa, dun día para outro, coa porta da empresa pechada e co empresario “desaparecido” ou cun montón de “chanchullos” cos que trata de evadir a responsabilidade contraídas cos operarios.

Circunstancias coma a de estar no posto de traballo durante meses sen trabillar (ou traballando), e sen cobrar presionando deste xeito, para que os traballadores/as, froito da desesperanza, se autodespidan.

Etc. etc. etc.

Agora o empresario ven de innovarse. Que non digan que as novas tecnoloxías non entran, tamén, no ámbito do despido.

O empresario/a que o practica deste xeito tan innovador pode gabarse de ser ecolóxico/a. Nada de gastar papel, hai que velar porque a masa forestal do planeta non diminúa.

O que é seguro que para as traballadoras (18) que recibiron a mensaxe, estando de vacacións, cando vían unha película, mercando, tomando unha copa nun bar ou xantando, este xeito de coñecer que, de súpeto o traballo, o sustento económico da súa vida, o que sufragaba o gasto que estaba a realizar,  desapareceu tivo un efecto demoledor.

O primeiro que tivo que facer é apoiarse en algo para tomar alento, cagouse na nai que pariu a ese empresario, despois cagarase na nai que pariu aos políticos que facilitan estes despedimentos “Express” e un halo de desesperanza enturbou a súa visión.

Fálase do ruín que é o/a que utiliza métodos coma este para acabar cunha relación sentimental, de amizade…, qué cualificativos se lles atribúen a estes individuos/as?. A este empresario/a só nos cabe a denominación de “cabrón”

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript