setembro de 2010
 
 

06/09/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Universidade: Boloña e a crise económica

Con Boloña institucionalizouse un modelo de universidade competitiva de momento semiprivatizada, pero coa tendencia á privatización total, a imaxe e semellanza do modelo estadounidense.

 

 

Esqueceron dicirnos que nese pais, xunto con universidades, cun nivel moi alto (inalcanzables para as clases populares) coexisten outras que non poderían competir co nivel medio das universidades do Estado Español, nesas universidades fórmanse os fillos e fillas das/dos traballadores/as dese pais.

Esqueceron dicirnos que nunha universidade que só se prepara para a competencia (pola docencia, polos fondos, polo alumnado…), nunha época de crise económica como a que estamos a vivir, as universidades que menos aportacións económicas consigan van quedar illadas da competencia real polos demais obxectivos (mellores docentes e investigadores, alumnos/as…).

Qué vai pasar coas universidade periféricas aloxadas dos centros de poder político-económico?.

De momento as universidades galegas poñen todo o seu esforzo en acadar das institucións o maior presuposto posible.

O problema é que nesta situación de crise económica as políticas orzamentarias restrinxen o gasto, e o primeiro sitio de onde quitan os políticos de dereitas, e como se evidencia tamén os socialdemócratas, é dos fondos dedicados a gastos sociais, sanidade, educación…

O muro que separa ás universidades “ricas” das universidades “pobres” farase aínda máis grande, medrando, cada pouco tempo, de xeito exponencial.

Seguimos sen entender que os dirixentes das nosas universidades nos furtaran esta discusión, entragándonos (integrándonos) con armas e bagaxes a un modelo de universidade que precarizará cada vez mais a súa posición nos ránkings que, ao final, son parte determinante no seu devir como universidade e que lles impedirá alcanzar eses obxectivos que tan pomposamente se marcaron.

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript