30/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Agardamos que estrés posvacacional non afecte á Xerenta e ao Reitor. As cousas que quedaron pendentes antes da marcha seguen no seu sitio ao retorno.
O
traballo é moito e quedan moitas cousas por facer:
Mentres que
para o PAS Funcionario o camiño parece máis “engraxado”.
O PAS Laboral é o que máis dificultade ten á
hora de executar o calendario de actuacións
acordado no seu momento coa institución.
A Universidade
(Xerencia-Reitor) ten que dar resposta ao
escrito que lle enviou o Comité con data de 16
de xullo, no que, despois de ter unha reunión
con eles se nos pediu que indicarmos as
condicións para chegar a un acordo sobre a RPT.
Lembrámosvos
que o escrito establecía:
_______________________________________________________________
Na reunión
mantida o día 14 entre, por unha parte o Reitor
e a Xerencia e por outra parte o Comité de
Empresa, quedouse
en que este último transmitise por
escrito as bases para un posible acordo
respecto da RPT. En aras de chegar a ese acordo,
e aprazando reclamacións históricas e
necesidades do colectivo, consideramos que o
mínimo que debe reflectirse na RPT é o seguinte:
Analizando o
documento aprécianse os seguinte erros
técnicos:
Na Coruña a 16 de xullo de 2010
_______________________________________________________________
A Universidade
(Xerencia-Reitor) quedou de pasarnos a proposta
definitiva sobre a dita RPT para que o órgano
de representación procedera ao seu informe.
Estamos
agardando.
Hai máis dun ano que o Comité de Empresa acordou coa Xerencia as primeiras convoatorias da RPT de 2005, a día de hoxe non se fixo ningunha proba.
Derivado da deixadez da
Xerencia, haberá que
clarexar
a situación das convocatorias de
concurso-oposición ás que lles remata o prazo
de execución en novembro, nin sequera se
levou á práctica o acordado proceso de
formación.
Neste camiño de
execución da RPT de 2005 temos que dicir que
o Comité
xa informou da práctica totalidade das
convocatorias que a xerencia lle puxo
enriba da mesa, agardamos, polo tanto que se
axilicen as convocatorias de todas as
categorías profesionais informadas.
O outono pode quentarse
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript