30/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A vicepresidenta segunda di que os impostos directos, "deixando á parte Sucesións, son o IRPF e Patrimonio. E dentro de Renda, están as do traballo e as do capital. Se finalmente se fai un pequeno axuste será nalgún deles". Salgado engade que "neste momento, non está prevista ningunha reforma do Imposto de Sociedades" e que agora hai que dar certeza ás empresas sobre cal é o réxime fiscal que se aplica aos seus investimentos e actividade dentro e fóra de España.
Cambia
este goberno a definición de democracia que no seu día
fixera Abraham Lincoln:..como o.goberno, do pobo, polo pobo
e para o pobo... (Gettysburg, 1863) por outra: goberno das
empresas, polas empresas e para as empresas.
Por outro lado,
o que parecía no titular como non se ían subir
os impostos parece que vai ser verdade pero
sempre e cando non faga falta facer “un pequeno
axuste”. Dito así, no canto de tranquilizarnos
ponnos máis nerviosos/as.
É
imprescindible unha reforma fiscal, pero unha
reforma que obrigue a pagar máis ao que máis
ten.
Segundo os
técnicos simplemente coa combinación da
recuperación do Imposto de Patrimonio, do
Imposto de Sucesións e da antiga taxa do
Imposto de Sociedades permitiría ao país contar
cos mesmos recursos que achegou o profundo
axuste que puxo en marcha o Goberno e que vai
atrasar o crecemento da economía.
E xa postos en
fariña a
Vicepresidenta non se corta e
sobre a reforma das
pensións afirma que o Executivo manterá a súa
proposta de ampliar a idade de xubilación
e recalca: "Aí non temos opción. Poderase
discutir a cadencia, o ritmo, pero atrasar a
idade legal de xubilación é unha necesidade".
E
como cada día imos a mellor, estas declaracións
corroborounas
o
Ministro Corbacho que
ve "inevitable" aumentar os anos
traballados para calcular pensións. Evitalas xubilacións anticipadas e aumentala idade de xubilación, son
prioridades do Goberno.
Parece que un
sistema, o das pensións, que fai uns días
estaba garantido, agora está en perigo e
precisa unha actuación urxente.
Cédese unha vez máis aos
ditames de Bruxelas que esixen
reformas
adicionais do mercado laboral e do sistema de
pensións.
O
58% das pensións, agora conxeladas, está por
debaixo dos 624€ e
únicamente o 20% das
pensións
contributivas está por encima dos 1.000 euros, isto calculándoas en base aos últimos 15 anos de salario,
pensade en que canto máis se incremente o
período de cálculo máis baixas serán as
percepcións.
Á
vindeira reunión do Pacto de Toledo para
discutir sobre as pensións, como en todo o
proceso da reforma laboral os sindicatos
maioritarios irán como convidados de pedra,
asistirán a unha xuntanza onde todo vai
decidido previamente, o único que farán coa súa
presenza é lexitimar os acordos que nela se
tomen.
Así non nos
estraña que o nivel de sindicación diminúa,
276.000 afiliados, segundo as últimas
estatísticas.
Diante dun
ataque do calibre que está a acontecer é
preciso activar unha resposta contundente e
continuada, os sindicatos, como representantes
dos traballadores, teñen que facerse valer.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript