30/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O Servizo Público de Emprego (antigo Inem) rexistrou 8.130.130 colocacións entre xaneiro e xullo e de todas elas os empregados públicos destas oficinas só intermediaron en 239.961 postos de traballo, o que supón o 2,9%. Só en xullo, con 3,9 millóns de parados rexistrados, as empresas publicaron 60.141 ofertas a través das oficinas públicas, das que quedaron inicialmente sen cubrir 7.751. Estes datos reflicten o papel residual dos servizos públicos de emprego.
No ano
As empresas de traballo temporal (ETT) aseguran
que entre xaneiro e xuño as súas oficinas
xestionaron o 12,9% do total de colocacións
efectuadas entre xaneiro e xuño, segundo a
patronal das grandes compañías deste sector (Agett).Mientras
que neste primeiro semestre as colocacións
xestionadas con éxito polos servizos públicos
de emprego -isto é aquelas nos que os
funcionarios son os únicos intermediarios entre
a demanda e a oferta do posto de traballo-
ascenderon a 164.901 (o 2,4% do total de
colocacións rexistradas).
Dende Agett resaltan que, á luz destas cifras,
as ETT intermedian 5,3 veces máis que os
servizos públicos de emprego. E isto tendo en
conta que as empresas de traballo temporal non
intermedian nin no emprego indefinido (que
representa arredor do 10% das colocacións) nin
nos sectores da administración pública e a
construción.
Isto pon de manifesto que as Oficinas Públicas
de Colocación non cumpren co seu cometido. A
xente ten que buscarse a vida laboral fóra
desta intermediación.
Que as ETTs
intermedien moito máis que as Oficinas Públicas
de Colocación pon de manifesto a precarización
á que se están a levar as novas contratacións.
Por un
lado os empresarios xestionan poucos dos seus
contratos a través das Oficinas Públicas de
Colocación o que debilita a posición do
traballador en todo o proceso de contratación e
no exercicio laboral posterior.
O feito de que o traballador/a teña que atopar,
por si mesmo, o traballo sitúao nun ámbito máis
difícil á hora de que incluso as condicións
propias do sector se lle apliquen no seu
contrato forzándoo á aceptación de condicións
leoninas na contratación.
Tamén se volve ao modelo de contratación de
anos atrás onde o traballo se conseguía por
intermediación familiar ou ,mediante a amizade(dime
a quen coñeces e direiche que traballo tés)
o que tamén provocaba as mesmas situacións
diante do contrato ca as sinaladas con
anterioridade. Este xeito de atopar o traballo
leva consigo unha dependencia aínda maior. Como
o posto de traballo se conseguiu a través dunha
amizade o traballador contrae unha débeda co
empregador que durará toda a súa vida laboral
impedindo, polas circunstancias inherentes á
propia contratación, a máis mínima resposta
diante de calquera acción reivindicativa.
No mercado laboral tamén afecta a lei da oferta
e da demanda, nesta situación de crise a
demanda é moito maior ca oferta o que xa de por
si é un terrible hándicap para quen busca
traballo diso aprovéitanse os empresarios.
Téñeno todo atado e ben atado.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript