30/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Comunidade galega suma en agosto 443.927 xubilados cunha pensión media de 728,24 euros, o subsidio máis baixo do Estado.
Isto é síntoma
de que
os traballadores/as galegos/as temos os
salarios máis baixos, comprobado, tamén,
coas estatísticas, A media en Galicia é de
1.615 euros brutos por mes, 243 menos que a
estatal e inferior en 546 ó madrileño, que é o
máis elevado, indica un estudo realizado por
Adecco .
Sen embargo as
noticias no plano industrial non van por ese
camiño:
Nove comunidades autónomas incrementaron o seu
PIB por habitante no período 2000-2009,
especialmente no País Vasco, Asturias e
Galicia, con subidas en torno ao dez puntos.
Vendeu, Galicia, case o dobre do que importou
de xaneiro a xuño, o que sitúa o superávit en
case mil millóns de euros
O ránking en
salarios e dereitos sociais contrastan, como se
pode comprobar, coa situación económica global
Esta
circunstancia aproveitase para facer a chulería
(e o insulto) correspondente cos amigos,
Núñez Feijóo: “Con
900 euros vive en Galicia una familia un mes”,
utilizouse, tamén,, no seu momento,
por PP e Bipartito para vender Galicia, ao
empresariado foráneo,
publicitando os baixos salarios dos
traballadores galegos como unha das cuestións
que poden facer da “comunidade galega” unha das
mellores para investir.
A produtividade
conséguese de dous xeitos, mediante a redución
e o abaratamento da man de obra ou
innovando,
adaptándose e utilizando as Novas Tecnoloxías,
investindo en novos procesos de produción, bens
e servizos, é dicir dándolle máis valor ao
produto final.
A
reiteración dos datos neste sentido demostra a
dificultade para saír deste tipo de situación.
Segundo os estudos realizados os baixos
salarios derivan directamente da
precariedade laboral (hai unha relación directa
entre os baixos salarios e o traballo a tempo
parcial e contratos de duración determinada),
sendo as mulleres, xoves e persoas con baixa
formación os que menos salario perciben. Tamén
o nivel de industrialización do país é un
elemento relevante, canto máis grandes son as
empresas mellores salarios se perciben.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript