agosto de 2010
 
 

31/08/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Vimos de coñecer que se denunciou a convocatoria de probas selectivas para ingreso pola quenda libre na escala auxiliar (BOE do 10 de maio e DOG do 20 de maio)

Non se procedeu con esta denuncia como ca que se interpuxo, no seu momento, contra a convocatoria de auxiliares de servizo, daquela comunicouse por medio da páxina web da Universidade (en novidades), esta ocultouse.

 

 

Postos en contacto co compañeiro que realizou a denuncia (Angel Romero) dinos que falou cun membro da Xunta de Persoal que lle manifestou que descoñecía a interposición da demanda

Tamén nos comunica que realiza a denuncia, esencialmente por catro motivos:

    *   
Non contempla a posibilidade de que poidan inscribirse maiores de 16 anos.

    *    Non establece o tribunal.

    *    Non hai criterios para o exame de informática, unha vez máis non se sabe como vai a ser nin como se vai a puntuar esta proba.

    *    A pesar de que a práctica totalidade dos documentos se realízan en formatos de Microsoft Office (sobre todo Word e Excel), a convocatoria contempla a proba de Ofimática mediante o programa Openoffice.

 

- Notificación da interposición

 

 

Diario Oficial de Galicia
luns, 23 de agosto de 2010

VI. ANUNCIOS


UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Resolución do 27 de xullo 2010 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 301/2010 interposto por Ángel Romero Bustelo.


Resolución do 27 de xullo 2010 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 301/2010 interposto por Ángel Romero Bustelo.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña tramítase o procedemento abreviado número 301/2010 interposto por Ángel Romero Bustelo contra a Resolución do 27 de abril de 2010, pola que se convocan probas selectivas para ingreso pola quenda libre na escala auxiliar (BOE do 10 de maio e DOG do 20 de maio).


Notifícase isto, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, contado a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


A Coruña, 27 de xullo de 2010.

José María Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript