agosto de 2010
 
 

30/08/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Gobernar abduce ao persoal?

Hai un dito que está na boca da xente: “se queres saber como é fulaniño, dálle un carguiño”.

 

Semella que desde que se conseguen os cargos e se ven as cousas “desde arriba” cambia a perspectiva.

Pasoulle ao bipartito que na curta estancia na Xunta, coas súas decisións,  non fixo máis que xeneralizar a confusión entre a masa social que os votou, creando unha desafección que se reflectiu na situación actual.

Pasa no Concello de Sada onde os traballadores da limpeza deciden non convocar folga debido ao alto número de servizos mínimos establecido por un alcalde que presume publicamente de ser membro da CIG, un dos sindicatos convocantes da folga.

Pasa no seo do PSOE. Lembrades aqueles/as co puño en alto cantando a internacional na festa da UGT?. Eses/as tan “rojos/as” e comprometidos/as coa causa obreira non teñen escrúpulos en aprobar a reforma laboral uns dende o Goberno, outros dende o Congreso ou Senado (na súa tramitación lexislativa a infausta reforma non tivo ningún voto en contra dentro das filas do PSOE). Mentres a UGT convoca folga xeral contra a dita reforma.

Pásalle aos que gobernan a nosa Universidade que teoricamente son militantes ou próximos a sindicatos de clase pero non teñen rubor en manter ETTs en postos propios de traballadores/as  da institución e que terían que reflectirse na RPT correspondente, ao mesmo tempo precarizan sen rubor o traballo en multitude de servizos (contratos tipo Labora, bolseiros…)

Desde a órbita social na que se moven estes gobernantes é normal a crítica á privatización dos servizos públicos, cando gobernan non importa moito incorrer nos mesmos pecados que desde a oposición se critican e rexeitan:

Fai uns días saíu na prensa que a Universidade destinará 564.000 euros ao mantemento dos ascensores. Esta privatización equivale ao salario anual, coas correspondentes cargas para a empresa de, aproximadamente:

 

13 traballadores/as do grupo I do PAS laboral.

17 traballadores/as do grupo II do PAS laboral.

20 traballadores/as do grupo III do PAS laboral

22 traballadores/as do grupo IV do PAS laboral

 

Mentres que isto ocorre, para unha RPT que non se modificou en 5 anos ofrecen 38 postos.

 

Non nos quedan palabras para expresar a nosa decepción e carraxe.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript