agosto de 2010
 
 

23/08/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

MANIFIESTO elaborado polos traballadores e traballadoras do DISTRITO FORESTAL XII, Miño-Arnoia (Ourense)

 

 

 

Tendo en consideración o seu cariño ao monte, o traballo que realizaron na conservación dos ecosistimas forestais e a sensibilidade que tiñan tanto Julio Martínez da Silva como Rodrigo Amo González, sabendo que eran participes das mesmas inquedanzas que os que hoxe aquí nos concentramos, SOLICITAMOS das administracións Públicas e do conxunto da sociedade o seguinte:
Cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais. Posta en marcha de forma inmediata do imprescindible Plano de Prevención de riscos Laborais nos servizos Forestais da Xunta de Galicia e en tódalas empresas
Formación axeitada de tódolos traballadores e traballadoras que se adican a labouras de prevención e extinción de incendios forestais.
Substitución inmediata de medios e materiais obsoletos por equipamentos axeitados para mellorar a nosa eficacia, a proteción dos ecosistemas forestais e a protección colectiva da cidadania.
Información puntual dos lumes que se producen en Galicia, dos seus efectos, superficies afectadas e dos medios usados para a súa extinción. Temos unha sociedade avanzada a que hai que informar do que acontece, dos atentados contra o noso patrimonio natural fuxindo de sensacionalismos e alarmismos "agochar a realidade non axuda a solucionar o problema".
A falla de información e o silencio premeditado é un insulto para os traballadores e traballadoras forestais de Galicia que vemos como debido a esa estratexia política de desinformación non se valora o traballo que realizamos.
Posta en marcha de campañas de educación-sensibilización dirixidas ao conxunto da sociedade, "non se valora o que non se coñece" parte da sociedade vive de costas ao monte e non valora na súa xusta medida o patrimonio natural.
Incremento dos investimentos no sector forestal recuperando o imprescindible binomio "prevención-extinción, rachar co circulo vicioso de "mais lumes, máis medios, máis lumes..." posta en marcha dunha política forestal tendente a evitar que os incendios forestais non se produzcan para non ter que apagarlos.
Rematar coa impunidade con que actuán os incendiarios. A cada un dos lumes forestais (delito recollido no Códico Penal) débeselle por nome e apelidos. Investigación das causas dos incendios aproveitando tódolos recursos con que contan as administracións Públicas mediante a elaboración do correspondente protocolo.
Esiximos, no caso do lume de Fornelos onde perderon a vida os nosos compañeiros, se cabe, un maior esforzo para por en man da xustiza o homicida ou homicidas responsables da morte de Julio e Rodrigo.
Sabemos ben que todo o dito anteriormente non se pode acadar se non hai vontade politica dos actuais gobernantes. Esiximos a actual Xunta de Galicia, igual que fixemos cos anteriores Gobernos galegos, que diante do enésimo fracaso da política de loita contra os lumes correspóndelle o actual Goberno atopar canles de diálogo e participación para consensuar co resto de partidos políticos e respresentantes sociais unha política forestal e de prevención-extinción de incendios axeitada.
Un desexo que todos e todas compartimos é, que ogallá non teñamos que voltar a ter que concentrarnos por feitos como os acontecidos en Fornelos de Montes na noite do pasado día 13 de agosto.
Nós os traballaores e traballadoras forestais, seguiremos facendo o noso traballo da mellor maneira posible, contribuíndo a conservar os ecosistemas do noso país, mais, ídesnos permitir que fagamos unha última solicitude
REMATAR COA EIVA INCENDIARIA É POSIBLE E PARA ELO É IMPRESCINDIBLE A COLABORACIÓN DO CONXUNTO DA SOCIEDADE, pedimos unha vez máis a vosa colaboración.
Moitas grazas a todos e todas
16 agosto 2010

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript