23/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Estes días de verán son propicios para facer prospeccións a través dos medios de comunicación.
Algún iluso aínda tiña unha mínima esperanza de
que, como o goberno di que é de esquerdas,
faría que lles tocara aos poderosos un aumento
dos seus impostos,
o Ministro de
Fomento xa os sacou
do seu erro, veu a dicir que todos e todas as
que vivimos no Estado Español pagamos uns
impostos moi baixos. Abriu a porta a "homologalos
coa media da Unión Europea (UE) para ter en
España "servizos e infraestruturas de primeira".
Parte o sr. Blanco dunha premisa que aceptamos
todos, os servizos públicos no Estado Español
non son de primeira, nin de segunda e habería
que facerlles as probas esas do estrés para
saber si son de terceira ou rexional
preferente.
A presión
fiscal xa aumentou significativamente nos
últimos anos sen que se observase unha mellora
notable nos servizos públicos, tampouco os
salarios e pensións aumentaron na mesma
proporción.
De
todos os xeitos o que menos lle interesa a este
señor é que os servizos públicos sexan de
calidade isto maniféstase nunha chea de
políticas que van desde a descapitalización
destes servizos até a súa privatización
acompañados dun deterioro crecente nas
condicións de traballo e salario dos
traballadores e traballadoras que nela prestan
servizo.
O
que fixo o ministro foi lanzar un globo sonda
para saber como reaccionaría o persoal diante
dun incremento impositivo nos próximos
orzamentos.
Non
imos facer nós as contas, xa as fixeron os
técnicos do Ministerio de Economía e Facenda:
A PRESIÓN FISCAL NON É HOMOXÉNEA
Os técnicos de Facenda consideran que a presión
fiscal non é homoxénea para o conxunto dos
cidadáns, e que existe unha presión fiscal
"dual"; por un lado, a que soportan as rendas
que poden ser ocultadas como son as das
empresas e profesionais e, por outro, a que
soportan as rendas "retidas en orixe" e, polo
tanto, coñecidas e recadada pola Facenda
Pública.
Sabe de sobra este señor que sendo verdade que
os impostos que soportamos non son os máis
altos da UE a relación entre estes e o salario
dos cidadáns fai que a presión fiscal sexa das
máis altas da UE.
O sr. Ministro
quere ter máis cartos para así poder
subvencionar aos seus amigos os grandes
construtores, aos banqueiros, patrocinar a
venda de coches, privatización das caixas de
aforro, subvencionar os despidos empresariais…
Até agora para
facer estes dispendios sacaron os cartos das
carteiras dos traballadores/as e queren seguir
facéndoo. Noutros países europeos, non moi
progresistas por certo, xa cambiaron os modelos
impositivos para facer que as altas fortunas
cotizasen máis, aquí, ao señor que fixo estas
declaracións nin sequera se lle pasa pola
cabeza esta alternativa.
Tampouco lle
preocupa a erradicación da fraude fiscal. É
escandaloso que mentres
que os
asalariados e pensionistas declaran unha media
de ingresos anuais de 19.800€, os
empresarios da PEME declaran 12.500€ e os
profesionais liberais 12.089€
Tampouco lle
preocupa a evasión de capitais, fai pouco tempo
os mesmos traballadores de facenda denunciaron
esta circunstancia. Nestes casos os que fan
bandeira da súa españolidade, os cartos que lle
rouban ao Estado, proceden, case tódalas veces,
de asuntos turbios (entre eles dos Gürtel,
velódromos, Palaus…) pensan que é mellor que se
acochen e produzan no estranxeiro, la pela es
la pela, a patria vai despois.
Temos que
esixirlles a estes gobernantes de pacotilla
que, por un lado combatan a fraude fiscal e por
outro lado fagan unha nova política fiscal
progresiva e progresista que, de verdade, faga
que a maior
aportación ao gasto público sexa dos que
máis teñen.
PD.
Permitídenos, por un momento e noutro terreo, facer o mesmo xogo que esta xente. O paro no Estado Español sube con creces do 20% en Europa a media está arredor do 10%, sendo en países como Holanda do 2,8% ou Alemaña do 7%. Queremos que o paro sexa, de xeito inmediato, comparable con esa europea de referencia. Os catro millóns e medio de parados/as postos aproducir e cotizar, seguro que o fan de boa gana, son unha forza impresionante.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript