23/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O día 18 realizouse a reunión entre o delegado da Xunta e os afectados pola expropiación dos terreos para a residencia universitaria, acadándose un acordo que ratifica o xa negociado, pero non asinado, co Bipartito.
A xunta
comprométese ao realoxo dos afectados no mesmo
contorno onde viven agora,
mentres o Instituto
Galego de Vivenda e Solo (IGVS) garantiu o
realoxo temporal das dúas primeiras familias
afectadas, ofreceulles instalarse nas vivendas
que a Xunta ten en propiedade situadas a pouco
máis dun quilómetro das casas nas que viven
agora ou, pola contra, facerse cargo do aluguer
fixado por lei para que os veciños escollan a
vivenda "noutro lugar que prefiran".
O
mesmo acordo terá que valer para o resto das 12
familias afectadas polas expropiacións.
O representante
da Xunta comprometeuse a que non haberá ningún
desaloxo mentres non se asine o acordo que se
está a redactar, déronse un mes para rematar
todo o procedemto.
O presidente
da Asociación de Veciños, e representante dos
afectados, Carlos Maceiras valora positivamente
o acordado e indica que os veciños Están máis aliviados tras ver que o
sentido común imperou
Aínda que o documento só compromete en principio ao IGVS, á
espera de ver que sucede co resto de
expropiacións que están en mans da consellería
de Industria e do Concello da Coruña, espera
que o resto das administracións tomen como
referencia o documento pactado.
O importante é, agora, solucionar o problema para estas dúas
familias cun desaloxo inminente.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript