23/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os reitores admiten que algún dos profesores non saberá adaptarse ao cambio de Boloña. Aseguran, tamén, que a algún dos catedráticos fáltalles “a forza da xuventude” para a novidade.
As
declaracións de Federico Gutierrez Solana, presidente da
CRUE, sacan á luz un dos aspectos que xa o PAS coñecía desde
fai tempo. Por moito que se ocupen de minusvalorar ao
colectivo de traballadores/as, toda a comunidade
universitaria ten moito onde rascar.
Tamén aproveitou a ocasión para pedir
máis orzamento para as universidades.
Os reitores, debido
á implantación do novo modelo, non deixan de reclamar ás
administracións máis investimentos, en concreto o sr.
Federico segundo a noticia di: “Hai que investir máis, a
pesar dos momentos delicados, porque a educación é a mellor
inversión de futuro”, totalmente de acordo.
Pero, en que investimos eses diñeiro que se reclama?:
En
máis centros onde instalar ao PDI, incluídos aos que non
se van a adaptar, pero para as conserxerías
contratamos a ETTs, os laboratorios xa os
xestionarán os alumnos mediante bolsas, os mantementos
xa se externalizarán…
Para as vivendas unifamiliares destinadas ao PDI
(visitante, en pricipio).
Para os gastos tipo “sala capricho”.
Para percheiros, lámpadas… de deseño como fan nalgún
centro.
Etc.
Aquí
está a verdadeira cuestión, agora estamos nun momento moi
importante no devir da universidade, non só no aspecto
estrito, e estreito, da docencia. Comezan a pesar moitísimo
aspectos que até hoxe eran inéditos como a calidade e a
produtividade. A consecución dun nivel “aceptable”, coa
precarización que existe hoxe en día nos servizos da UDC é
un obxectivo absolutamente inalcanzable.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript