16/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Nos xornais démonos de narices coa noticia de que as caixas de aforro venden a súa participación en Reganosa a un fondo de capital risco
Queremos deixar claro que consideramos Reganosa como unha industria perigosa, ilegal e innecesaria.
Tamén queremos
deixar claro que o que está a pasar con esta empresa é un
reflexo do que o capitalismo máis ruín entende por interés
estratéxico.
O poder político,
tanto nas épocas do PP como nas do bipartito,
considerou Reganosa de interés estratéxico,
esa
consideración foi a escusa para pasar por alto os lexítimos
intereses da poboación que se asenta preto desta empresa á
que se instalou unha bomba á veira das súas casas,
propiciando un confronto que os afectados/as e cidadáns
seguen facendo patente cada vez que un gaseiro entra na ría
de Ferrol.
En coherencia con
esta consideración, a de ser estratéxica para Galicia,
debería levar consigo que o capital público fose
maioritario, cando non o único, para impedir calquera
circunstancia que fose contraria a eses “intereses”
No canto de ir por
ese camiño o poder económico presionou primeiro á Xunta de
dereitas para que procedera a súa privatización e despois ao
bipartito para que aceptase de bo grado o “statu quo”.
Hoxe o que é para
ese poder político unha empresa estratéxica pasará as mans
dun fondo de capital risco que negociará coa empresa non en
función dos intereses dos galegos e galegas senón en función
dos seus intereses específicos.
Para os cidadáns
que viven preto da empresa isto tamén supón un factor
engadido de preocupación.
Se antes non se contaba con eles á
hora de ter en conta a perigrosidade das accións, agora,
baixo unha perspectiva exclusivamente mercantilista
e especulativa, moito
menos.
Os
traballadores/as da empresa,
en casos como este, son a outra parte afectada,
pasan de formar parte dunha empresa á que se lle recoñece
unha importancia especial para traballar para especuladores
aos que o único que lles interesa son os vaivéns do mercado.
Isto tamén pon ás
claras que as caixas de aforro non son ese principio ou
fundamento de banca pública galega, interesada polos
proxectos estratéxicos e/ou importantes para o devir de
Galicia. Os que así o pensaban non deixan de ser uns ilusos
que descoñecen a realidade do País.
O capital “galego”
non ten ningunha conciencia de galeguidade, interésalle coma
ese grupo de capital risco que agora se fai coa maioría de
Reganosa o devir económico dos seus investimentos, xa pasou
con anterioridade coa empresa de telecomunicacións R (con
esta aínda foi máis evidente, concellos onde eles forman
parte do goberno desfixéronse das accións ao mesmo tempo que
as caixas), pasa, de novo con esta empresa. Haber cando
espertan!.
A Xunta non descarta desprenderse da súa participación en
Reganosa.
Esiximos que as
empresas “estratéxicas” sexan de capital público para así
garantir os intereses xerais de Galicia.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript