16/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Pon enriba da mesa a problemática dos lumes do verán e pon de manifesto, tamén, o fracaso da política de prevención contra o lume..
Recollemos a información que nos proporcionan dous brigadistas.
O informe
Un informe
inicial
redactado por
"técnicos " da
Consellería
establece que a
morte foi
produto dun
cambio
repentino das
condicións do
incendio
motivado polo
vento reinante
na zona neses
momentos.
Parece ser que
según dito
informe -de
redacción pouco
clara- a
brigada chegou
a unha pista
forestal e
comezou a
traballar -o
informe non
parece aclarar
cantos membros
eran da brigada
pero supoñerei
que eran 5 en
total-
O informe non o
aclara pero
deberon ser os
primeiros en
chegar....O
xefe de brigada
saíu a polo
vehículo
motobomba que
estaba chegando
....deixando a
brigada
traballando na
pista forestal
supoño que
ladeira arriba
do lume que
subía . Minutos
despois un
membro da
brigada saíu a
mover o coche
que corría
perigo pola
evolución do
lume.
Parece ser que
os membros da
brigada -que
debían estar
agardando a que
chegara o
vehículo
motobomba-
foron
sorprendidos
por unha lingua
de lume que
fixo que unha
parte da
brigada lograse
cruzar ó
queimado pero
os compañeiros
falecidos non
puideron facelo
e ó non ter
contacto coa
brigada
intentaron
fuxir monte
arriba.....e o
resto xa o
coñecedes.
Debemos agardar
a que se faga
un informe
definitivo e
serio que
aclare qué
pasou porque
este informe
inicial está
mal redactado,
feito ás
presas, sen
aclarar moitos
aspectos da
secuencia dos
feitos o que da
lugar a
confusión.....
Sebastián
A situación na
que desenvolven
o traballo:
Ola por dicir
algo, quería
comentar que
levo
traballando
dende o 2002
nos lumes na
Xunta, en Seaga,
nunha
mancomunida, no
grumir, xa fun
interino 9
meses na Xunta
e estiben en
brigadas de
terra e
helitransportadas
comario e toen
2 veces en cada
unha
respectivamente
e cun montón de
cursos
relacionados
cos lumes e
primeiros
auxilios.
Dicir que os
cursos feitos
relacionados
cos incendios
non valen pra
nada á hora de
que te
contraten, non
se valora a
experiencia
coma se tiña
que valorar,
non se nos da
continuidade
nas mesmas
brigadas que xa
nos coñecemos
como
traballabamos e
demais.
Se nos da
moitas veces
material usado
inadecuado e
insuficiente
para levar as
tarefas de
extinción e
prevención de
incendios:
Mascarillas de
papel, un
botiquin
individual por
brigada, unha
funda só no que
levamos de
verán, non
temos nin
queimadores
para poder
facer un bo
contralume
cando e
necesario, nin
unha mísera
manta ignífuga
que costa 350
miserables
euros (que son
350 euros
contra a vida
dunha persoa),
nin lanternas
adecuadas para
poder traballar
de noite no
lume e nin
pilas de
reposto,
tampouco se nos
facilitou este
ano pantallas
para non
queimarnos co
lume cando
estamos
traballando con
batelumes sen
unha pinga de
auga.
Por outro lado
tamén dicir que
se nos están
facendo facer
mais de 12
horas nalgúns
lumes por non
ter medios
suficientes e
moitas brigadas
helitransportadas
están quedando
so tiradas nos
lumes e ter que
volver en
coches e
chegando a
facer moitas
veces entre
viaxes e demais
mais de 17
horas.
Por ultimo
dicir que no
mes de xuño, a
finais,
estabamos no
meu caso no
distrito XI nun
turno de tarde
dúas brigadas
da Xunta e unha
de Seaga e só
eramos 9
persoas
parécevos
lóxico tendo
algún día 4
lumes, menos
mal que non
foron seguidos.
Como non se
cobren a
maioría das
baixas e
vacacións do
persoal da
Xunta. É lóxico
que veña unha
brigada ó lume
cos dous
membros do
reten ou teñan
que Xuntar dúas
nunha e inda
así non vir nin
5 persoas?
Creedes que é a
forma de que
esteamos as
brigadas?
Creedes que son
os medios
materiais
adecuados?
Creedes que se
pode primar a
un corredor
nato que a un
traballador
formado e con
experiencia?
Creedes que e a
mellor forma
contratando
moitas veces o
estudante de
turno sen
experiencia
ningunha?
Cando nos
daremos de
conta todos xa
sexamos de
SEAGA ou da
XUNTA que isto
non pode seguir
así que todos
somos persoas,
non se pode
xogar ca xente
por catro
cadelas gañadas
en dous ou tres
meses e xogar
ca miseria da
pobre xente.
Roi.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript