16/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O sábado, día 14, remataba o prazo para que dúas familias das expropiadas, para a construción da residencia universitaria, abandonasen as súas casas.
Desde primeira
hora da mañá
veciños e
amigos
concentráronse
nas vivendas
destas persoas
agardando
acontecementos.
Finalmente o
desaloxo non se
produciu.
Os veciños/as
veñen, desde
fai tempo
mobilizándose
para que se
cumpran os
acordos
alcanzados que
se centran no
realoxo na
mesma zona.
Aínda que as
accións que
están a levar
adiante
céntranse na
Xunta que foi o
ente
expropiador,
non descartan
accións contra
o Concello e
contra a
Universidade.
Ao Concello
acúsano de
incumprir,
tamén, os
acordos
acadados con
eles e que
teñen que ver
co plan da
zona.
Á Universidade
acúsana de, a
pesar de ser o
beneficiario da
obra, evadir
toda a
responsabilidade
que a
legalidade lle
atribúe:
A Disposición
Adicional
Cuarta do Real
decreto 1/1992,
polo que se
aprobou o Texto
refundido da
Lei sobre
réxime do solo
e ordenación
urbana,
establece:
“Cando se actúe
por
expropiación, a
Administración
expropiante
ou, no seu caso,
o beneficiario
da expropiación
deberán poñer a
disposición dos
ocupantes
legais
afectados
vivendas nas
condicións de
venda ou
aluguer
vixentes para
as suxeitas a
réxime de
protección
pública e
superficie
adecuada ás
súas
necesidades,
dentro dos
límites
establecidos
pola
lexislación
promotora”.
Acusan, tamén,
á UDC de evitar
as reunións cos
propios veciños
e de, dada a
responsabilidade
anteriormente
citada, non
querer actuar
de mediador
diante da Xunta
para propiciar
a solución da
situación.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript