agosto de 2010
 
 

16/08/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O PP un partido democrático?

 

"Non ten sentido intentar gañar noutros ámbitos o que se perde no plano político", asegura o secretario xeral de Política Lingüística.

 

O PP fai seu, no caso do decretazo antigalego,  un dito moi propio do mundo do fútbol ( non se pode querer gañar nos despachos o que se perde no campo de fútbol), isto que no submundo do deporte non ten maior importancia, no mundo da política ten moita transcendencia.

Por un lado mostran o seu talante máis hipócrita posto que si lembramos  este é un procedemento usado en múltiples ocasións por este partido político (aborto, estatuto catalán...)

Por outro lado esquécense de que o estado democrático parte da separación dos poderes (lexislativo, executivo e xudicial), asegurando a independencia entre eles.

Queren que os actos do poder executivo (neste caso confundido co lexislativo pois teñen a maioría absoluta no Parlamento) non poidan ser recorridos diante do outro poder para asegurar a súa legalidade.

En frases coma que di o señor Angel Lorenzo vese o verdadeiro talante do PP, a independencia entre os poderes pérdese ou, para ser máis exactos, gustaríalles que non existise sendo o que determinase, en cada momento, a legalidade o poder executivo.

Isto realmente era o que pasaba neste Estado durante a época da ditadura onde o poder executivo (Franco) ditaminaba o que era legal ou ilegal mantendo debaixo do seu dente os demais poderes que eran fieis servidores dos seus desexos.

Por este camiño van, tamén, as palabras do coordinador de Economía e Emprego del PP, Cristóbal Montoro cando di: "As folgas xerais non teñen sentido, son decimonónicas e habería que erradicalas” este señor ignora a Constitución, as súas palabras denotan unha actitude de fondo que nos retrotrae a certos 40 anos de onte, a sucesos que o presidente de honra do seu partido protagonizou: represión en Asturias, mortes de obreiros en Vitoria, etc

 

Vivimos épocas convulsas onde a dereita está a facer un ataque en toda regra á liña de flotación do estado democrático e das posicións máis progresistas. Non podemos deixar que frases e razoamentos coma estes queden sen resposta..

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript