16/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Solucións para a diversidade funcional
Como persoa con diversidade funcional
(minusvalidez), non podo comprender que para o
resto da sociedade só sexamos obxecto de
caridade.
A invisibilidade que nos caracteriza explícao.
Non obstante, eu, como moitos outros diversos
que coñezo, desexamos poder vivir unha vida
digna en igualdade de oportunidades cos demais
cidadáns. Queremos ter dereito á educación, ao
traballo, á mobilidade sen obstáculos... en
definitiva, a vivir unha vida como calquera.
Para iso necesitamos os apoios axeitados e o
deseño dunha sociedade que non nos exclúa.
Non obstante, comprendo que os primeiros
responsables desta situación somos precisamente
as persoas con diversidade funcional. É un
feito que o numeroso movemento asociativo
español está aletargado en canto a súa vertente
reivindicativa, polo que non podemos queixarnos
da nosa situación.
O 11 de setembro hai convocada unha Marcha en
Madrid "polo respecto aos dereitos humanos das
persoas con diversidade funcional". É unha boa
oportunidade para empezar a loitar pola
Convención da ONU asinada e ratificada polo
Estado español, que é unha lei de rango
superior pero... que non se cumpre.
A saída da crise
Unha especie de suor fría percorre
inesperadamente todo o noso corpo cando nos
avanzan as últimas noticias de que as
condicións de normalización económica están xa
dadas e de que creceremos menos,
previsiblemente.
Porque un recorda como se nos contou no seu día
que a tal crise non existía ata que o resto do
mundo nos obrigou a tomar os drásticos axustes,
e porque tamén se nos asegurou que o noso
proceso de recuperación iniciara a súa marcha
xa había bastante tempo.
E é que a unha maioría de cidadáns non se lles
pode quitar da cabeza que, en lugar de
baixarnos un 5% os salarios aos funcionarios -moitos
de nos mileuristas-, conxelar as pensións e
abaratar o despedimento do traballador, mellor
terían ido as cousas poñendo en acción dunha
vez por todas esas tan cacarexadas medidas
sobre as grandes fortunas, así como entrar a
saco nas investigacións das enormes bolsas de
fraude, que por habelas, hainas.
O 43% dos cidadáns xustifica a
fraude fiscal
A Constitución establece que os partidos
políticos canalizan a representación da vontade
do pobo español a través das Cortes. Os nosos
representantes procuran identificarse cos
cidadáns. Mostra diso son as súas
manifestacións e mandatos, cuxos resultados
poden observarse nas virtudes públicas que
expoñen: corrupción urbanística, institucións
subornadas, insubmisión a tributos, desunión
fronte á xestión da crise, financiamento
encuberto dos seus partidos... Ética pública e
moral privada van emparelladas. Se é o mellor
para o político, como non vai ser bo para o
cidadán que vota e vese reflectido nas súas
expectativas. Como é que mentres un partido
político goberna non ten escándalos de
corrupción, e cando os ten e está na oposición
son aldraxes do partido no poder?
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript