Agosto de 2010
 
 

09/08/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O salario máis baixo

 

A media en Galicia é de 1.615 euros brutos por mes, 243 menos que a estatal e inferior en 546 ó madrileño, que é o máis elevado, indica un estudo realizado por Adecco

 

 

Galicia é a comunidade española que rexistra o salario medio máis baixo con 1.615 euros brutos ó mes, mentres que os madrileños gozan do máis alto con 2.161 euros mensuais, o que supón un 16 por cento máis que a media nacional que se sitúa en 1.858 /mes, segundo un estudo realizado por Adecco en sete autonomías. No caso de Galicia (1.615 euros/mes) a remuneración media é un 13 por cento inferior á media española, de modo que a diferenza entre o salario medio máis elevado (Madrid) e o menor (Galicia), é de case un 34 por cento, o que equivale a 546 euros mensuais.
 
Por poucos euros de diferenza, o segundo lugar ocúpao o País Vasco, con 2.154 euros. No extremo oposto aparecen as autonomías valenciana (1.655 euros/mes) e galega (1.615 euros/mes), cuxas remuneracións medias foron un 11% e un 13% inferiores, respectivamente, á media española.

A situación relativa de cada autonomía no terreo salarial non variou nos últimos dez anos, o que indica que a súa evolución foi paralela. As autonomías rexistran incrementos media anuais entre 2000 e 2009 de entre un 3,4% (Madrid) e un 3,9 (Cataluña e Andalucía).

O incremento acumulado total no decenio -dun 39 por cento para a media estatal-, alcanzou o mesmo porcentaxe en Aragón, Valencia e Galicia, foi apenas superior en Cataluña e Andalucía (un 41% máis) e levemente máis suave no País Vasco (aumento dun 38%). Só Madrid presentou unha suba total algo máis baixa, cun 35%.

No entanto, os datos de 2009 poderían sinalar unha incipiente converxencia entre as medias dos salarios das diferentes comunidades: as tres comunidades autónomas con salarios máis baixos (Andalucía, Valencia e Galicia) son as que experimentaron os incrementos máis pronunciados (un 7,3%, un 4,7% e un 6,7%, respectivamente).

Nas sete autonomías estudadas repítese o feito de que a industria é o sector con maior salario medio e o que conta con salarios máis dispares. Os 2.493 euros/mes de Madrid superan nun 23% o salario media do sector mentres que o sector industrial galego, con salarios medios de 1.728 euros/mes, sitúase un 15% por baixo desa media. Entre as remuneracións medias da industria en Madrid e Galicia ábrese unha fenda dun 44%.

Respecto dos incrementos acumulados entre 2000 e 2009, en Valencia e Madrid a construción encabeza os incrementos e a industria sitúase en segundo lugar.

Nos tres sectores de actividade mantense o mesmo orde que para o salario media total: Madrid ostenta as maiores remuneracións medias, seguida polo País Vasco e Cataluña. Detrás sitúanse Aragón, Andalucía, a Comunidade Valenciana e, en último termo, Galicia.


 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript