09/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Unha das cousas que nos fixo rexeitar de plano a reforma laboral foi que na súa natureza subxace a finalidade de ser unha normativa que facilita o despedimento “gratis total” pero, tamén, ten outras finalidades, entre elas a de igualar a todos/as os/as traballadores/as na precariedade, a estatística de desemprego que coñecemos agora así o manifesta.
Na Coruña, dos 168.632 contratos asinados nos primeiros sete meses de 2010, só 15.302 foron indefinidos, o que supón o 9,07%. A tendencia é semellante no resto de Galicia: dos 392.565 contratos asinados entre xaneiro e xullo deste ano o 9,34% son indefinidos (36.660).
Pontevedra é, porcentualmente, a provincia galega na que menos emprego estable se creou durante este período, xa que só o 8,19% dos 154.455 contratos son indefinidos. Mentres que en Lugo a cifra ascende ao 13,93% ao terse asinado 5.145 contratos indefinidos dun total de 36.933. No caso de Ourense, este tipo de contratación representa o 10,96% do total (32.545).
No pasado mes de xullo, A Coruña rexistrou un 24,71% máis de traballos respecto ao mes anterior, pero un 4,43% menos que no primeiro mes de verán de 2009. Dos
32.305
traballos que
se crearon na
provincia
coruñesa en
xullo, 2.207
foron
indefinidos, un
0,32% máis que
no mes de xuño
e un 9,03%
menos que en
xullo de 2009.
Estas cifras
son as máis
baixas dos
últimos cinco
anos.
No conxunto de
Galicia, os
datos son máis
preocupantes,
posto que
durante o
primeiro mes da
campaña estival
se asinaron -dun
total de
77.892- un
6,83% menos de
contratos
indefinidos que
en xuño e un
14,68% menos
que en xullo de
2009. En
España, a caída
experimentada
pola
contratación
indefinida no
mes de xullo
foi do 13,7%
respecto ao ano
pasado e do
2,97% en
relación ao mes
anterior.
Correspóndelle,
tamén, ao
estado español
ser
o segundo país
da Unión
Europea con
maior
porcentaxe de
traballadores
con contrato
temporal, un
25,4%, superada
tan só por
Polonia, cun
26,5%, e
seguida de
Portugal, cun
22%, e Holanda,
onde este tipo
de contratos
supoñen o 18%
do total,
segundo os
datos
publicados pola
Oficina
estatística
europea,
Eurostat.
Por un lado
crecen os
despedimentos,
a xente fixa
deixa de ter
esa
consideración,
e por outro
medra a
temporalidade.
Instálase, polo
tanto, unha
vella
aspiración
capitalista,
todos
acabaremos
sendo
precarios, man
de obra barata
e sen dereitos
laborais e
sociais.
Até agora, para
abaratar custo,
as empresas
dirixían a
manufactura a
países como
China onde a
man de obra
está tirada e
os dereitos
laborais non
existen, na
filosofía da
reforma laboral
subxace o
criterio de que
para que se vai
levar a
produción a
eses países
podendo traer
aquí esa
situación
económico-laboral.
Queren botar
abaixo todas as
conquistas
conseguidas, en
moitas ocasións,
coa sangue dos
traballadores/as.
A frase que o
ministro de
Traballo dixo
nunha
entrevista a
TV3 resume á
perfección o
que é a reforma
laboral: "esta
reforma permite
levar á empresa
o que os
empresarios
necesitan".
Ímoslles deixar,
graciosamente,
que dean un
golpe mortal a
todos os nosos
dereitos?.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript