09/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
"A Mesa informa de que o Tribunal Superior de Xustiza empeza a estudar a posible suspensión do Decreto do galego no ensino.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a
trámite o
recurso
presentado pola
Mesa pola
Normalización
Lingüística
contra o
Decreto do
galego no
ensino.
A Mesa informou
nun comunicado
de que o alto
tribunal empeza
agora a estudar
a posible
suspensión da
súa aplicación,
como medida
solicitada
polos
recorrentes.
O
presidente da
MNL, Carlos
Callón, espera
un
pronunciamiento
«áxil», xa que,
«se tivésemos
que esperar
dous anos a que
se dite
sentenza e
durante este
tempo non se
tomase ningunha
medida cautelar
para que os
nenos tamén
poidan aprender
en galego,
poderíase
causar un
enorme dano á
formación
lingüística dos
estudantes».
A asociación
explica no seu
escrito que
baseou o seu
recurso en
informes
elaborador ex
profeso polas
tres
universidades
galegas nos que
se destaca que
a aplicación do
Decreto podería
supor «un dano
irreparable ou
de moi difícil
reparación» na
formación do
alumnado.
Finalmente,
anuncia que, de
cara ao novo
curso,
continuará os
seus actos de
protesta e
promoverá novas
accións de
denuncia
internacional,
«xa que este
decretazo
vulnera punto
por punto
tratados
internacionais
de dereitos
lingüísticos».
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript