09/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Durante os últimos tempos, numerosos gobernos europeos dedicaron millóns de euros a salvar a banca e o sistema financeiro, sen custo ningún para os seus xestores, moitos dos cales se continuaron enriquecendo ostentosamente, mentres os sectores populares e a cidadanía en xeral pagamos con duras medidas o incremento da débeda pública que esas medidas xeraron.
Como é suficientemente coñecido, as medidas do goberno español contra a crise consistiron no recorte das retribucións dos empregados públicos, bastantes deles mileuristes e tamén moitos sen o posto de traballo asegurado. Supuxo a conxelación das pensións, por primeira vez en moitos anos. Comportou o recorte dos investimentos en obra pública, que deberían favorecer a contratación de persoas desempregadas. E trouxo tamén a redución das axudas ao desenvolvemento, que colaboran a frear o tráfico ilegal de persoas inmigrantes. Unhas medidas que comportarán inevitablemente unha importante redución do poder adquisitivo e do consumo.
Mentres tanto, o establishment neoliberal europeo, como explica o economista Vicenç Navarro, aproveita esta crise para intentar conseguir o que desexou sempre, o desmantelamento da Europa social. Porque a pesar de parecer contraditorio, cando máis avanzou a democracia nalgúns países, máis fixeron os sectores neoliberais e o gran capital para conseguir baleirar de contido esa democracia, de maneira que as decisións importantes en política económica non dependan dos gobernos nin dos parlamentos, senón do Banco Central Europeo, do Fondo Monetario Internacional e outros organismos sen representatitividad democrática ningunha.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript