• Número 425
  • 11 de marzo de 2019

Sentenza

Pau do Tribunal Supremo ao Congreso dos Deputados

Pau do Tribunal Supremo ao Congreso dos Deputados
Que todo isto ocorra no Congreso dos Deputados dá boa conta de que a degradación clientelar do sistema de carreira profesional dos funcionarios públicos non coñece límites

O Tribunal Supremo (TS), en sentenza ditada o pasado 25 de febreiro, anula a adxudicación da praza de Xefe do Departamento de Asistencia Xurídica ao Pleno e á Xunta de Portavoces, da Dirección de Asistencia Técnico- Parlamentaria da Secretaría Xeral do Congreso dos Deputados, deixando sen efecto o nomeamento efectuado  e recoñecendo á recorrente o dereito a que se lle adxudique o posto convocado con todos os efectos desde a data de resolución do concurso.

A demandante, á que o TS estima o recurso de casación, fundamentaba a súa demanda nos seguintes motivos:

- Que  a un dos candidatos no concurso valoráraselle un mestrado, cando as bases da convocatoria, no apartado de perfeccionamento, só se referían a cursos de posgrao, polo que non era posible puntuar ningún mestrado, licenciatura ou grao universitarios nese concepto

- Que, en canto á súa experiencia profesional , contaba con máis dun ano de servizos na Dirección de Asistencia Técnico-Parlamentaria do Pleno e da Xunta de Portavoces e correspondíanlle por tal concepto 0,75 puntos de acordo co baremo, no canto dos 0 puntos que se lle outorgaron.

- Que, no relativo ao criterio da apreciación da adecuación ao posto, que critica polo seu vaguidade, a puntuación por este concepto supuxo o 54,13% da total da candidata á que se adxudicou a praza e o 45,87% do outro participante, mentres que para a recorrente só significou o 43,24%.

A partir de aí, advirte de que o Director da Secretaría Técnica da Xunta Electoral Central informou que ela posuía a "máxima adecuación", expresión que considera equivalente á de "Adecuación óptima", prevista no baremo. A pesar diso, no expediente administrativo do concurso de méritos figuraban unha serie de chapuzas administrativas, como o feito de que constasen documentos sobre a puntuación da súa adecuación nos que, nun, táchase a valoración "adecuación regular" que figuraba mecanografada nos seus dous destinos e escríbese a man "Moi adecuada" en ambos, para posteriormente volver tacharse tamén esta apreciación, que se substitúe pola de "Adecuación regular”

- Finalmente, a recorrente pon de manifesto o que considera un grave agravio comparativo na valoración do seu período de baixa e o da adxudicataria do posto

A sentenza do TS entra a analizar pormenorizadamente os argumentos da recorrente e, aínda que, desestima a pretensión de que non se valore o mestrado dun dos candidatos, si ten en conta e toma en consideración outras alegacións da demanda:

- En canto á valoración da experiencia profesional, despois de destacar a falta de claridade da información proporcionada polo Congreso dos Deputados e o “singular panorama” que se deriva as confusas adscricións a postos de traballo dependentes do mesmo, recoñécelle á recorrente os 0,75 puntos que reclama neste concepto.

- Finalmente, en canto á puntuación do concepto de adecuación, a sentenza recoñece que  ten que basearse no informe do Director da Secretaría Técnica da Xunta Electoral Central e, con arranxo a el, a puntuación da demandante non pode ser outra que a máxima, é dicir, de dezaoito puntos,  xa que a valoración efectuada por este último era a máis elevada posible.

Todo iso dá como resultado final a anulación do nomeamento efectuado e o recoñecemento á recorrente do dereito a que se lle adxudique o posto convocado con todos os efectos desde a data de resolución do concurso.

En definitiva, do relato contido na sentenza do Tribunal Supremo despréndese a tramitación dun concurso de méritos tremendamente chafalleiro,  cuns méritos definidos de forma vaporosa, que deixaban unha ampla marxe á inseguridade xurídica e á manipulación.

Que todo isto ocorra no Congreso dos Deputados dá boa conta de que a degradación clientelar do sistema de carreira profesional dos funcionarios públicos non coñece límites e esténdese desde o máximo órgano de representación da vontade popular ata o Concello máis humilde.

SENTENZA COMPLETA AQUÍ

http://otrafuncionpublica.blogspot.com/2019/03/varapalo-del-tribunal-supremo-al.html