• Número 425
  • 11 de marzo de 2019

Universidade

O PASquín pecha

O PASquín pecha
Estaremos atent@s ao que suceda na universidade e especialmente ao que aconteza na UDC. Sempre teredes o noso apoio, porque sempre nos situamos do lado d@s traballador@s

Estimad@ compañeir@ estás diante do que será o último boletín que publicamos, o medio de expresión do noso sindicato na Universidade da Coruña. Detrás quedan arredor de 10 anos nos que semanalmente intentamos informar das cuestións máis relevantes que afectaban ao noso colectivo pero sen esquecer o que acontecía, tanto na órbita da universidade, como fóra dela.

No seu día alguén nos sinalou a posibilidade de dedicar o boletín exclusivamente ao que acontece no eido da universidade. O noso criterio sempre foi o de conxugar a información e as alternativas sindicais que se requirían en cada momento referidas ao noso microcosmos coa información, análise, diagnose e praxe do que sucede fóra das nosas catro paredes, pois partimos da base de que dificilmente se avanzará en dereitos... na nosa institución sen que se produzan avances no mesmo senso na sociedade en xeral. Máis nun momento en que a Universidade perdeu unha das súas principais características como foi a de ser a dinamizadora e vangarda das loitas e conquistas sociais.

A pesar da nosa pequena aportación, deixamos un ímprobo traballo por realizar, dentro deste merece especial atención e interese o de desvincular a Universidade do poder económico.

O sistema, a través das sucesivas normativas, tanto a nivel político como orzamentario, derivan ás universidades cara os brazos dos poderes económicos, un bo exemplo diso témolo no Plan de Financiación do SUG actualmente en vigor no que, cada vez con máis forza, se establece o principio do autofinanciamento impoñendo unha parte estrutural (que teoricamente asegura a pervivencia e a consecución dos fins para os que se creou a Universidade) totalmente insuficiente, impoñendo a loita fratricida entre as universidades do SUG pola parte do orzamento competitivo. Neste contexto as universidades van trampeando a costa de ir perdendo os valores que até este momento eran intrínsecos ás institucións de ensino superior ao ter que, para a súa supervivencia, venderse ao mellor postor.

Isto que sinalamos sucede contra a vontade expresa dalgún equipo de goberno universitario ou ben co beneplácito e compracencia de moitos outros. A nosa, a UDC, colleu carreira neste último camiño, optando por vincular o futuro da institución aos campus de especialización (Campus Industrial, Campus Innova...) e á Cidade das TIC, ámbitos nos que integra a Institución coa empresa privada.

Sabemos, por outra parte, o interese dos reitores (CRUE) e dos partidos políticos do arco parlamentario da negociación dunha nova Lei de Universidades, na que, se non se remedia introduciranse, na parte normativa, todas estas cuestións que sinalabamos. Aproxímase, polo tano, outro momento decisivo para o devir da universidade tal e como a coñeciamos.

Estaremos atent@s ao que suceda na universidade e especialmente ao que aconteza na UDC. Sempre teredes o noso apoio, porque sempre nos situamos do lado d@s traballador@s

Unha aperta.

Estatísticas da páxina desde setembro de 2009 a febreiro de 2019

Ano

Visitantes distintos

Número de visitas

Páxinas

Accesos

Ancho de banda

2009

1.362

3.969

46.030

409.161

14.55 GO

2010

7.162

19.597

170.237

1.760.423

63.53 GO

2011

7.658

19.798

151.747

1.446.389

51.40 GO

2012

8.970

20.762

176.569

1.592.440

68.61 GO

2013

11.700

47.127

564.741

14.133.584

77.70 GO

2014

20.558

108.784

1.758.532

62.889.031

79.62 GO

2015

23.969

105.647

1.859.940

63.961.737

119.42 GO

2016

32.249

87.780

1.810.261

60.656.152

126.35 GO

2017

19.205

39.085

1.314.116

40.135.208

177.50 GO

2018

27.256

94.041

2.045.033

43.567.154

814.06 GO

2019

696

920

31.006

678.019

19.04 GO