O BOE certifica as 37,5 horas dos funcionarios

Moit@s traballador@s depositar@n a súa
confianza en que o paso do PSOE polo goberno modificaría dun xeito
substancial a situación socio-laboral, devolvendo os dereitos que no seu
día o PP (e o propio PSOE) nos expropiaran. Mesmo algún sindicato
atopou, coa ocupación da poltrona estatal polo PSOE, a escusa para
desconvocar a folga fantasma que convocara en Galiza.
O tránsito do partido “progresista” polo
goberno, a pesares do apoio dos sindicatos do sistema non deu
satisfacción ás expectativas que nalgúns sindicatos conciliara. Un
exemplo máis disto que falamos atopámolo no
BOE do venres, día 1 de marzo, que publicou unha resolución do
Ministerio de Política Territorial e Función Pública pola que se ditan
instrucións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo
da Administración Xeral do Estado (AGE) e os seus organismos públicos.
Na resolución establécese:
2. Normas sobre calendario laboral
“2.4 O calendario laboral haberá de
respectar, en todo caso:
a) A duración da xornada xeral, establecida
en 37 horas e media semanais...”
Circunstancias como a que subliñamos
confirman o que sempre manifestamos:
Goberne quen goberne, os nosos
dereitos conquístanse e deféndense coa nosa organización e loita.