Despedimentos na universidade

O BOE do 7 de marzo de 2018 publicou a
Resolución de la Universidade da Coruña, por la que se anuncia
la licitación para la contratación del servicio de seguridad y vigilancia
y controladores en la Universidad de A Coruña. (Expediente: 2018/4002)
Data de difusión en Contratos Públicos de Galicia:
07-03-2018 10:36
Na Páxina:
https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=288608&lang=gl.
Atopamos a documentación:
Cláusulas administrativas
Condicións técnicas
Anexo cláusulas administrativas-
No procedemento presentáronse, que nós saibamos:
Recurso interposto por D. B. A. F. A. en
representación da FEDERACIÓN DE TRABALLADORES DE SEGURIDADE PRIVADA DA
UNIÓN SINDICAL OBREIRA ( FTSPUSO), contra os Pregos reguladores do
expediente para a contratación do “Servizo de seguridade e vixilancia e
controladores na Universidade da Coruña”.
Alegacións presentadas por
ALTERNATIVA SINDICAL Ao ÓRGANO DE CONTRATACIÓN DA UNIVERSIDADE DA
CORUÑA
Mentres que sobre o recurso temos a
decisión do tribunal de non admitilo a trámite, sobre as alegacións
descoñecemos as determinacións adoptadas. O certo é que a empresa
adxudicataria é PREGECSA e que o traspaso do persoal de ASTRA Servicios
Auxiliares S.L. a esta nova empresa tivo efecto o pasado día 1 de marzo.
A circunstancia novidosa no proceso de
subrogación do persoal apareceu coa transferencia á nova
empresa, exclusivamente do persoal de vixilancia mentres que @s
controlador@s, a pesar de teren unha comunicación da empresa Astra na
que se lles anunciaba que con data 1 de marzo pasaban a desenvolver os
servizos na empresa que obtivera a licitación, foron
“despedid@s” tod@s. Non para devolver o servizo á universidade, senón
para contratar novo persoal.
@s traballador@s “despedid@s” atópanse nunha
situación absolutamente irracional, a empresa saínte (Astra) insiste en
que subrogou todo o persoal á nova empresa. A nova empresa (Pregecsa)
maniféstalles que non están subrogados porque non teñen convenio que o
estableza e xa contratou novo persoal. Como convidado de pedra está a universidade que
consinte o trato inhumano, e consideramos ilegal, dest@s traballador@s
por parte da empresa que obtivo a licitación.
@s traballador@s atópanse nun limbo no que nin
sequera poderían cobrar a prestación de desemprego porque ningunha das
empresas realiza o procedemento de despido.
Mención aparte merece a actitude da universidade,
responsable última do que acontece pois, aínda que externalice os
servizos segue a ser responsable do trato que @s traballador@s reciben
nas empresas concesionari@s.
Parécenos incomprensible que mentres que se presume
de non despedir ao persoal de responsabilidade directa da institución si
se permita o despedimento, a precarización e o trato inhumano nas
empresas nas que se externaliza algún servizo, tal como está a acontecer
con est@s traballador@s.
A universidade manifesta neste caso a súa
verdadeira faciana, pasando, sen ningún pudor, por riba dos valores que
pomposamente di defender.
A universidade ten que entender que @s
traballador@s temos dereitos, @s das empresas concesionarias dalgún
servizo, tamén!.
@s traballador@s contan con todo o noso
apoio na defensa dos seus lexítimos dereitos.