O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ordena á CRTVG o inmediato cumprimento de sentenza

Diante do incumprimento realizado pola CRTVG da
sentenza de
Conflito Colectivo 44/18, que anula a atribución
unilateral pola CRTVG aos seus redactores e redactoras do labor de
edición básica de vídeo, por tratarse dunha modificación substancial de
carácter colectivo das súas condicións de traballo, vímonos na
obriga de requirir a “execución da sentenza”.
Pois chegou a
orde do TSXG de acatar a sentenza na súa totalidade. E mira
que advertimos á empresa. Ordena o tribunal que os redactores e
redactoras, de forma inmediata, "continúen nas súas funcións orixinais,
sen atribuírlles o labor de edición básica».
“PARTE DISPOSITIVA
En orden a dar efectividad a las medidas concretas
solicitadas , acuerdo: requerir a la ejecutada CORPORACION DE
RADIO E TELEVISION DE GALICIA para que de forma inmediata proceda al
cumplimiento de la sentencia dictada por esta Sala en fecha 20 de
febrero de 2019 en los autos de Conflicto Colectivo 44/18 , en sus
propios términos y continúen en sus funciones originales los redactores
y redactoras sin atribuirles la labor de edición básica, toda vez dicha
medida se ha declarado nula , bajo apercibimiento de que , de no
realizarlo , se podrán acordar las medidas que la Sala estime aplicables
.
Notifíquese a las partes .”