• Número 425
  • 11 de marzo de 2019

CUT - Citroên

Beneficios PSA Vs beneficios traballadores/as

Beneficios PSA Vs beneficios traballadores/as
A avaricia da empresa non ten límite

O xoves 21 Yonn Vincent (director Industrial PSAJ xunto con Muñoz Codina (director Clúster Ibérico) demandáronnos aos traballadores/as que se apliquen de forma urxente e eficaz as mellores prácticas en CALIDADE. CUSTES E A REALIZACIÓN DA PRODUC!ÓN AO NOMINAL, despois de analizar os indicadores de calidade e performance industrial. Vigo caeu en desgraza. Tantos anos de esforzos físicos, recortes económicos e sociais .. para nada? A mala planificación da empresa pagámola os do taller? ao Igual que os recortes en medios e persoal.

As prácticas da empresa son facer recaer sobre o lombo dos/as traballadores/as, mediante repartos irrealizables, cargas de traballo abusivas, composición que non se cumpre. Modifieacións dos descansos e horarios. ... chamadas ás cabinas, vixilancia do posto, gritos, malos xestos. etc ... a culpabilidade da non realización dos postos. A súa avaricia non ten límite. e a nosa paciencia?.

Paga dos beneficios de 2018

Esta semana fixéronse públicos os resultados do Grupo, de eses resultados teremos a nosa paga de beneficios. O reparto de beneficios non vai a ser igual para todos os integrantes do Grupo.

Algunhas compañeiras/os rematan a súa relación laboral na empresa o dla de cobro da paga e non van a ter esa compensación, os que entran novos, ó non levar 90 dias de alta na empresa tampouco. Así como verán diminuída esa paga os que están de baixa, licenzas, maternidade-paternidade, excedencia de verán, e lembremos que unha parte da paga é o complemento de xubilación (AXA).

Probablemente os que mellor serán remunerados son os cadros, eses que sempre acadan os prazos, calidade, custes .... e por suposto os mais produtivos.