• Número 424
  • 04 de marzo de 2019

Folga 8M

Publicación no DOG dos servizos mínimos Folga 8M

Publicación no DOG dos servizos mínimos Folga 8M
A CUT recorrerá os servizos "mínimos" impostos por consideralos abusivos

O DOG do venres, 1 de marzo publica o DECRETO 16/2019, do 28 de febreiro, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2019.

A Confederación Intersindical (CI), o Sindicato Comisións de Base (CO.BAS), Alternativa Sindical de Trabajadores (AST), Intersindical de Aragón (IA), Sindicato Asambleario de Sanidade la Comunidad de Madrid (SAS), Sindicato Único de Trabajadores Solidaridad Obrera (SUTSO), a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF), a Confederación General del Trabrajo (CGT), a Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e o Sindicato de Oficios Varios daquela confederación en Vigo, a Unión General de Trabajadores (UGT), o Sindicato Nacional de Comisiones Obreras, a súas federacións de Enseñanza e Servicios y Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia (CC.OO.), a Unión Sindical Obrera (USO), a Central Unitaria de Traballadores (CUT), o Sindicato Labrego Galego, o Sindicato Ferroviario-Intersindical, a Confederación Intersindical Galega (CIG), Erguer Estudantes da Galiza, e o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), comunicaron diversas convocatorias de folga xeral con diversos tramos horarios para o día 8 de marzo de 2019, e que afectará todas as actividades e centros de traballo, tanto de empresas privadas como do sector público, con vínculo funcionarial, estatuario ou laboral, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia ou na Administración Exterior, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas do 8 de marzo ata as 24.00 do mesmo día.

Polo que se refire ás universidades, cos servizos mínimos que se fixan garántase a asistencia do alumnado e do persoal que non exerza o seu dereito á folga. A presenza mínima do persoal de conserxaría resulta precisa para a seguridade das instalacións. O persoal previsto para os rexistros busca garantir a actuación das persoas que puideren necesitalo e cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo nos seus dereitos.

Servizos mínimos que se establecen

1.7.5. Universidades galegas:

1 empregado/a da área de conserxaría por quenda de traballo en cada facultade, escola, centro de investigación e demais centros administrativos.

1 funcionario/a no rexistro oficial de cada campus.

1 empregado/a do persoal de secretaría do reitor, e dos/das vicerreitores/as dos campus onde non estea a sede reitoral.

Como vos sinalamos noutro artigo a CUT recorrerá os servizos que se establecen no decreto

Ligazón ao DOG