• Número 424
  • 04 de marzo de 2019

Orzamentos

Eran realmente "sociais" os orzamentos do goberno de Pedro Sánchez? (vídeo)

Eran realmente "sociais" os orzamentos do goberno de Pedro Sánchez? (vídeo)
O economista marxista Xabier Arrizabalo explica o que non se pode esperar de ningún goberno que acepte as políticas da Unión Europea

O pasado 15 de febreiro Pedro Sánchez anunciaba a convocatoria de eleccións xerais, para o próximo 28 de abril, despois de que unha maioría de deputados rexeitasen os seus orzamentos no Parlamento.

Xa en plena campaña preelectoral, o Goberno do PSOE defende que os orzamentos rexeitados supoñían un cambio de rumbo esencial desde as políticas de autoridade cara a novas políticas sociais.

Pero, máis aló dalgunhas medidas concretas, é posible falar de orzamentos “sociais” no marco das políticas económicas neoliberais da Unión Europea? Son compatibles os investimentos imprescindibles para satisfacer as necesidades da maioría da poboación co respecto ao límite de déficit público ditado pola UE?

Para analizar rigorosamente este tema, fundamental para a vida cotiá de todos os cidadáns, entrevistamos o economista marxista e profesor da Universidade Complutense de Madrid Xabier Arrizabalo.

Xabier Arrizabalo é Doutor en Economía, licenciado en Socioloxía e profesor de Crítica da Economía Política da Universidade Complutense de Madrid.  É autor de obras como "Crises e axuste na economía mundial", "Milagre ou quimera", "Transnacionalización e subdesenvolvemento: Chile, 1973-1990" e  “Capitalismo e Economía Mundial”.

ALGÚNS TITULARES DA ENTREVISTA:

"A política económica de todos os países a UE é unha mera correa de transmisión dos intereses do capital"

"Os orzamentos do Estado están teledirixidos por institucións que non son elixidas por ninguén"

"A Débeda é un mecanismo de transferencia sistemática dos recursos públicos ao capital financeiro"

"Máis do 3% do PIB, 30.000 millóns de euros ao ano, son transferidos ao capital mediante o pago dos intereses da Débeda"

VÍDEO:

http://canarias-semanal.org/art/24669/eran-realmente-sociales-los-presupuestos-del-gobierno-de-pedro-sanchez-video