• Número 424
  • 04 de marzo de 2019

Opinión - Por 6 de Argumosa

Absolución para os 6 de Argumosa!!

Absolución para os 6 de Argumosa!!
Neste país a vivenda é unha mercadoría, non como un dereito

Despois de múltiples intentos, o pasado venres Pepi, Rosi, Juani e Mayra foron desafiuzadas xunto ás súas familias.

Tras meses de resistencia contra un modelo inmobiliario arraigado durante décadas neste país e que ve a vivenda como unha mercadoría e non como un dereito, hoxe os especuladores lograron o seu obxectivo. Tres xulgados diferentes redactaron catro ordes simultáneas (de dubidosa legalidade) de desafiuzamento idénticas, con apenas 48 horas de antelación, nunha xogarreta que nin se molestaron en disimular.

Grazas á complicidade das administracións públicas: un goberno do PSOE que non quixo aprobar un decreto de vivenda digno; unha CAM do PP que se negou a aprobar a Lei de Vivenda PAH, que evitaría desafiuzamentos sen alternativa habitacional como o de hoxe; un Concello de Ahora Madrid que se negou unha e outra vez a expropiar o bloque de Argumosa, 11, como lle esiximos, para evitar estes desafiuzamentos; e uns xuíces que, ignorando á ONU, defenderon mediante a violencia extrema os intereses de Proindivisos.

Porque os desafiuzamentos son unha cuestión de Estado, que pon á Policía ao servizo da oligarquía financeira contra a maioría da poboación. Por iso hai desafiuzamentos e hai persoas detidas ao tentar paralos.

Outro desafiuzamento máis, outras catro familias á rúa, e outra vez seis activistas deixándose a pel, literalmente, para tratar de evitalo.

Para estes activistas empeza un longo periplo xudicial onde se lles acusa dos delitos de desobediencia grave e resistencia á autoridade. Para nós a solidariedade nunca será un delito. O único certo é que é o noso deber desobedecer as súas leis inxustas que precarizan ao extremo, e cada día máis, as condicións de traballo e de vida de miles de familias traballadoras; do mesmo xeito que é o noso deber resistir á súa violencia policial e aos seus atropelos constantes.

Tras acordoar a rúa desde a madrugada para evitar o acceso de máis activistas, a Policía Nacional, fortemente armada, irrompeu no portal do xeito máis besta de todas, rompendo a marteladas o cristal da porta, ocasionando cortes ás activistas do interior.

Unha vez conseguiron acceder, sacaron violentamente ás primeiras 6 persoas, usando patadas, golpes, arrastrándoas polos cristais do chan, e acabaron sendo detidas. Ao resto de persoas (16) ameazáronas co mesmo e finalmente deixaron que saísen tras previa identificación. Tras saír foron postos contra a parede e identificados duramente e varias veces polos axentes. Ademais, cargaron no exterior, ferindo mesmo a un neno.

O noso máis firme rexeitamento á violencia exercida hoxe en Lavapiés cara ás familias desafiuzadas e as activistas. Estásenos acabando a paciencia.

NON TOLERAMOS NIN UN DESAFIUZAMENTO MÁIS!!

ABSOLUCIÓN 6 ARGUMOSA!!

https://kaosenlared.net/absolucion-para-los-6-de-argumosa/