• Número 424
  • 04 de marzo de 2019

Universidade

Reunión do Consello de Goberno 27/02/2019

04 de marzo de 2019 | O pasado día 27 realizouse una nova reunión do Consello de Goberno, de non se producir circunstancias extraordinarias, esta foi a última reunión á que asistimos coa representatividade obtida nas anteriores eleccións do Claustro Universitario.

Universidade

Convocatoria e Calendario ABAU 2019

04 de marzo de 2019 | Na páxina web da CiUG, aparece publicada a Convocatoria e Calendario ABAU 2019.

Universidade

APA NON abrirá o seu local no CUR este luns

04 de marzo de 2019 | Lembrámosvos as nosas extensións telefónicas e os nosos enderezos electrónicos para que, se o considerades oportuno, vos poñedes en contacto con nós.

Folga 8M

Publicación no DOG dos servizos mínimos Folga 8M

04 de marzo de 2019 | O DOG do venres, 1 de marzo publica o DECRETO 16/2019, do 28 de febreiro, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2019.

CUT - Secretaría das Mulleres

A Xunta volverá vulnerar o dereito á folga das mulleres este 8M

04 de marzo de 2019 | Tras o encontro convocado polo goberno galego para negociar os servizos mínimos na administración pública do país para o vindeiro 8 de marzo, a Secretaría das Mulleres da Central Unitaria de Traballadoras/es (CUT) denuncia que a Xunta volverá vulnerar este ano o dereito á folga das mulleres se non rectifica a súa proposta, na que non tivo en conta as reivindicacións das organización sindicais.

Loita Feminista - Lugo 3M

Milleiros de persoas enchen as rúas de Lugo chamando a unha "revolta feminista"

04 de marzo de 2019 | Milleiros de persoas, a maioría mulleres, ateigaron este domingo as rúas de Lugo na manifestación unitaria do feminismo galego que anticipa, ademais, a mobilización convocada para o vindeiro venres 8 de marzo. A marcha, baixo o lema Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista partiu pouco despois das 12 do mediodía da Porta Falsa e percorreu o centro da cidade para rematar na Praza Horta do Seminario.

Alternativas na Xustiza - CUT

Petición de Xulgados exclusivos de Violencia sobre a Muller

04 de marzo de 2019 | Polos medios de comunicación, ao longo de estes meses ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT ten coñecemento da constitución, en distintas cidades de Galicia, da Comisión provincial de coordinación para a loita contra a violencia de xénero: con data 15/11/2018, a Subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, participou na constitución da devandita comisión impulsada pola Audiencia de Coruña e na que están representadas todalas entidades e institucións involucradas na loita contra esta lacra social, e con data 7/2/2019 procedeuse, así mesmo, á creación desta Comisión Provincial en Lugo e Ourense.

CUT - Citroên

Modificación das condicións de traballo "Mantemento”

04 de marzo de 2019 | Novo pau xudicial á Dirección. O xulgado de Vigo dálle de novo a razón á CUT. Negociar acordos individuais cos "voluntarios/as" e as imposicións de calendarios rotativos aos "non voluntarios/as" sen negociar ca representación legal dos/as traballadores/as, é ilegal.

CUT - Secretaría das Mulleres

8 de marzo, convocatoria de folga de 24 horas

04 de marzo de 2019 | A convocatoria de folga de 24 horas do 8 de marzo é plenamente legal tras ser rexistrada así por diversas organizacións sindicais en Galicia. entre elas a CUT.

CUT - CRTVG

O Comité Intercentros negociará a modificación substancial das condicións de traballo de redactores e redactoras

04 de marzo de 2019 | CUT e UXT conseguiron facer valer esta mañá a súa condición de seccións sindicais máis representativas no conxunto dos centros de traballo da CRTVG, devolvéndolle ao Comité Intercentros a lexitimidade para negociar a MSCT de redactores e redactoras, que hoxe iniciou o preceptivo período de consultas.

Defende a Galega

CRTVG, 41 Venres Negro, a loita continúa

04 de marzo de 2019 | O día 1 de marzo, @s traballador@s da CRTVG volveron á carga con outro venres negro, e xa van 41. Como en convocatorias anteriores @s traballador@s reclaman o cumprimento íntegro da Lei de Medios e manifestan publicamente o seu rexeitamento ao estrito control e manipulación da información que o goberno autonómico impón nos medios de comunicación públicos.

Sanidade Pública

Os traballadores da PAC elaborarán unha proposta "realista" con "marxe para negociar" co Sergas

04 de marzo de 2019 | Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) en folga acordaron este venres elaborar unha proposta "realista" con "marxe para negociar" co Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Sanidade Pública

Batas Brancas tacha o novo plan da Atención Primaria como “a gran estafa”

04 de marzo de 2019 | A ‘Asociación Batas Brancas’ criticou a xestión de Vázquez Almuiña á fronte da sanidade galega por desaproveitar “ a oportunidade de devolver a Atención Primaria galega aos niveis que había antes de que a Consellería de Pilar Farjas”.

CUT

10 de marzo, exemplo e memoria

04 de marzo de 2019 | Aquel día foi venres, foi 10 de marzo, foi 1972, foi ditadura franquista, foi Amador e Daniel mortos a tiros por uniformes sen rostro que agochaban a violencia do capital contra o pobo traballador.

Loita feminista

Manifesto de Galegas 8M para o Día das Mulleres 2019

04 de marzo de 2019 | Benvidas, mulleres! Benvidas, compañeiras! Benvidas todas as que facemos parte desta revolta, deste movemento imparábel que é o feminismo.

Represión

Continua a criminalizaçom da dissidência

04 de marzo de 2019 | A passada terça-feira, 26 de fevereiro, foi publicada no BOE a Estratégia Nacional contra o Terrorismo, aprovada polo Conselho de Seguridade Nacional o dia 21 de janeiro deste mesmo ano. Este documento, tal e como já se especifica no seu início, nasce para constituir-se no marco estratégico na luita contra o terrorismo e o extremismo violento.

Lingua

Queremos Galego chama a mobilizarse o mércores 6 en Lugo en resposta á sentenza do Supremo contra a ordenanza de normalización lingüística

04 de marzo de 2019 | O TS rexeitou o recurso presentado polo Concello de Lugo contra a anulación parcial do TSXG da ordenanza de normalización lingüística aprobada por unanimidade no 2012.

USC - Precariedade laboral

Martes negros por unha carreira de investigación digna

04 de marzo de 2019 | O calendario semanal galego suma máis un día de loito. Aos venres negros da TVG únense os martes negros convocados pola Asemblea de Investigadoras da USC (AIC). O colectivo reclama a fin da fenda salarial que sofre parte do persoal docente e investigador, a equiparación dos diferentes contratos do persoal predoutural e o remate da precarización deste sector.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa recórdalle ao PP que a cidadanía galega ten dereito a ser atendida na súa lingua polas administracións públicas

04 de marzo de 2019 | A proposta de lei orgánica anunciada por Pablo Casado para prohibir que a lingua cooficial sexa un requisito indispensábel á hora de acceder a un emprego público supón, advirte Marcos Maceira, “prohibir ou limitar gravemente o noso dereito a usar o galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa”

É o capitalismo

Narón berra: "Poligal non se pecha"

04 de marzo de 2019 | Ao berro de "Poligal non se pecha", os traballadores desta empresa dedicada á fabricación de filme de polipropileno para alimentación, asentada en Narón (A Coruña), protagonizaron na mañá deste luns unha manifestación, que congregou a unhas 200 persoas entre operarios, familiares, amigos e cidadáns.

Orzamentos

Eran realmente "sociais" os orzamentos do goberno de Pedro Sánchez? (vídeo)

04 de marzo de 2019 | O economista marxista Xabier Arrizabalo explica o que non se pode esperar de ningún goberno que acepte as políticas da Unión Europea.

Opinión - Por 6 de Argumosa

Absolución para os 6 de Argumosa!!

04 de marzo de 2019 | Tras meses de resistencia contra un modelo inmobiliario arraigado durante décadas neste país e que ve a vivenda como unha mercadoría e non como un dereito, hoxe os especuladores lograron o seu obxectivo. Tres xulgados diferentes redactaron catro ordes simultáneas (de dubidosa legalidade) de desafiuzamento idénticas, con apenas 48 horas de antelación, nunha xogarreta que nin se molestaron en disimular.