• Número 424
  • 04 de marzo de 2019

Defende a Galega

CRTVG, 41 Venres Negro, a loita continúa

CRTVG, 41 <strong>Venres Negro</strong>, a loita continúa
#DefendeAGalega, é finalista dos Premios José Couso de Liberdade de Prensa

O día 1 de marzo, @s traballador@s da CRTVG volveron á carga con outro venres negro, e xa van 41. Como en convocatorias anteriores @s traballador@s reclaman o cumprimento íntegro da Lei  de Medios e manifestan publicamente o seu rexeitamento ao estrito control e manipulación da información que o goberno autonómico impón nos medios de comunicación públicos.

Este venres tivo o aliciente de saber que, #DefendeAGalega, é finalista dos Premios José Couso de Liberdade de Prensa ao se converter no último ano nun exemplo de dignidade e de resistencia en defensa do valor da información, sen a cal non é posible exercer a liberdade, e do valor do público, imprescindible para garantir o principio de igualdade de oportunidades.

;

Fotos