• Número 424
  • 04 de marzo de 2019

CUT - CRTVG

O Comité Intercentros negociará a modificación substancial das condicións de traballo de redactores e redactoras

O Comité Intercentros negociará a modificación substancial das condicións de traballo de redactores e redactoras
Que negocie o Comité Intercentros é depositar o control da negociación na asemblea de traballadores e traballadoras

CUT e UXT conseguiron facer valer esta mañá a súa condición de seccións sindicais máis representativas no conxunto dos centros de traballo da CRTVG, devolvéndolle ao Comité Intercentros a lexitimidade para negociar a MSCT de redactores e redactoras, que hoxe iniciou o preceptivo período de consultas.

Contra discursos interesados para lavar a cara que pretenden confundir a importancia do ámbito negociador dicindo que tanto ten que negocien as seccións sindicais coma o Intercentros (porque o número de representantes de cada sindicato sería en última instancia o mesmo), repetimos o que xa dixemos en precedentes análogos deste debate.

Que negocie o Comité Intercentros é depositar o control da negociación na asemblea de traballadores e traballadoras, que terá que recibir deste órgano información detallada e terá que ser consultada para facer propostas e determinar os pasos que se dan. Agardemos esta diferencia radical entre Comité Intercentros e seccións sindicais quede clara para sempre. A empresa, que intentou, premeditamente e a sabendas, levar a negociación ao marco dos sindicatos, tiña ben clariña a diferencia. Saíulles mal. A todos.

O TSXG anula a decisión unilateral da CRTVG de poñer aos seus redactores a editar vídeo