• Número 424
  • 04 de marzo de 2019

CUT - Citroên

Modificación das condicións de traballo "Mantemento”

Modificación das condicións de traballo "Mantemento”
É momento de recuperar os dereitos económicos e sociais perdidos

Novo pau xudicial á Dirección. O xulgado de Vigo dálle de novo a razón á CUT. Negociar acordos individuais cos "voluntarios/as" e as imposicións de calendarios rotativos aos "non voluntarios/as" sen negociar ca representación legal dos/as traballadores/as, é ilegal.

Por todo ello, la demanda debe ser estimada , pues se vulneró el derecho a la negociación colectiva , declarando nulas todas las modificaciones habidas, también los acuerdos individuales, pues como matiza la última sentencia que mencionamos : ''además de que "quod nullum est, non producit efectum", permitir que mediante pactos individuales se consiguiera adoptar por la empresa una modificación sustancial de las condiciones de trabajo fuera del cauce previsto legalmente , seria incurrir en un fraude legal, que burlaría la protección otorgada por la norma a los trabajadores"; terminando en su fallo por declarar la nulidad de los acuerdos individuales durante el del periodo de consultas, por vulnerar el derecho a la libertad sindical de los sindicatos actores en su vertiente del derecho a la neqociación colectiva.

FALLO

Que estimando parcialmente la demanda interpuesta por el sindicato CUT , declaramos la nulidad de la decisión empresarial de modificar sustancialmente las condiciones de trabajo, así como la nulidad de los acuerdos individuales alcanzados en este sentido, condenando a la empresa PSA PEIJGEOT CITROËN AUTOMÓVILES ESPAÑA a estar y pasar por esta declaración con las consecuencias legales inherentes a la misma, y a abonar la suma de l.500 euros al sindicato demandante en concepto de indemnización de daños y perjuicios .

A empresa obrou desta maneira para mediante "verdades a medias" conseguir o seu obxectivo a un custe inferior o non ter que negociar ca representación legal dos/as traballadores/as.

Mediante diferencias retributivas intentou mercar vontades das persoas afectadas. Quen se apuntara voluntario lle pagaría máis. quen tora obrigado cobraría menos. Pero voluntario/a ou obrigatorio/a a súa xornada pasaba igualmente a ser laboral en maior ou menor medida os Sábados. Domingos e Festivos. Iso non é chantaxe?.

Incluso nas reunións mantidas pola xerarquía nos talleres para captar voluntarios/as as condicións expostas diferiron finalmente das aplicadas, prometendo unha cousa e despois pagándose outra. Dependendo a quen!.

Prometéuselles pagar festividade pola xornada completa. e finalmente só se lles paga por 2h. Si collían o día de convenio en S ou D se lles pagaría igualmente os 50€ do complemento voluntario de· fd/semana. e algúns non se lles paga.

Acrecéntase a fábrica de dúas ou tres velocidades retributivas co pago de conceptos que non veñen recollidos en convenio, a uns págaselles un complemento, e a outros non. O mesmo que acontece co colectivo de mantemento acontece cos CIMS e PSP. Uns cobran uns conceptos e outros non, uns cobran estrutural e outros hora por hora.

Fronte a "pasividade" da maioría dos sindicatos a CUT acudiu ao xulgado a defender ao colectivo fronte ao individual, cunha demanda de conflito colectivo que engloba aos voluntarios e aos forzosos independentemente do sindicato a que pertencen.

A empresa agora debe aplicar a sentenza a pesares de que teña recurso. e retornar aos traballadores/as afectados a súa quenda ou situación de orixe.

Se ten a necesidade de cubrir a quenda de fd/semana e os festivos con persoal de mantemento, esta sentenza gañada pola CUT abre a posibilidade para que todos os sindicatos con presenza no Comité de Empresa poidamos negociar as futuras condicións deste colectivo, evitando que a empresa as impoña.

Veremos o que defende cada quen agora. pero é momento de recuperar os dereitos económicos e sociais perdidos. O incremento de beneficios do grupo ten que verse reflexado tamén no esforzo que se lles pide aos traballadores/as, e neste colectivo en concreto primando a voluntariedade fronte a obrigatoriedade. Non esquezamos que o complemento en fd/semana antes do ano 14 era de entre 60€ a 66€ por xornada de traballo.

(So os que viven de xeonllos ven aos seus inimigos coma xigantes)

SINDICALISMO SEN ATADURAS