• Número 424
  • 04 de marzo de 2019

Universidade

Reunión do Consello de Goberno 27/02/2019

Reunión do Consello de Goberno 27/02/2019
De non se producir circunstancias extraordinarias, esta foi a última reunión á que asistimos

O pasado día 27 realizouse una nova reunión do Consello de Goberno, de non se producir circunstancias extraordinarias, esta foi a última reunión á que asistimos coa representatividade obtida nas anteriores eleccións do Claustro Universitario.

No seu día adoptamos a decisión de participar nos órganos colexiados de goberno da Universidade, non porque os consideráramos decisivos para a boa marcha dos temas relacionados co colectivo, senón porque proporcionaban a oportunidade de situar os aspectos de interese para o PAS, directamente diante dos membros do equipo de goberno e, de paso, poñelos en coñecemento do resto da comunidade universitaria.

En moitas ocasións serviunos de altofalante para que se visualizasen as nosas reivindicacións, feito que posibilitou que transcendesen o marco exclusivamente universitario para aparecer nos medios de comunicación.

Aspectos máis salientables da última sesión do día 27/02/2019

18. Quenda aberta de intervencións

Representación do PAS

Dúas cuestións:

o   Unha vez en funcionamento a Residencia Universitaria, solicítase se comunique á representación d@s trablallador@s o número de prazas que se poderán ofertar para o intercambio de vacacións do PAS, tanto na Coruña como en Ferrol.

o   O día 8 de marzo está convocada folga feminista que abrangue a folga laboral, e no ensino. Dado os fins polos que está convocada, solicítase a colaboración da universidade para que esta mobilización conte co apoio institucional.

Respostas do xerente:

o   A Residencia Universitaria aínda non está en funcionamento ao 100%, actualmente só conta con 14 camas habilitadas, circunstancia que imposibilita dar satisfacción á demanda que neste sentido xa fixera a Xunta de Persoal. A residencia de Ferrol tamén é moi pequena, sendo o número de prazas moi limitado. Cando se poida realizarase.

o   O proceso que se seguirá coa convocatoria de folga do 8 de marzo será o mesmo que o realizado na convocatoria do ano 2018. Agardaremos pola publicación no DOG dos servizos mínimos e convocarase aos sindicatos para establecelos.