• Número 423
  • 04 de marzo de 2019

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Interpretacións

Como sinalastes en varios dos boletíns que enviades a Lei de Orzamentos establece que se autoriza unha taxa adicional para a estabilización na que se incluirán as prazas de natureza estrutural que estando dotadas orzamentariamente estivesen ocupadas de forma temporal, subliño esta frase porque non establece se quen a ocupa é persoal interino, temporal ou incluso funcionario de carreira pero cunha ocupación temporal da praza (por exemplo, comisión de servizos). Esta interpretación que vos sinalo podería posibilitar que as prazas a convocar se incrementasen. Outra cousa que tamén considero é que, como se publicaron ofertas de emprego que contiñan prazas que deberían aparecer na oferta de estabilización estas prazas ben se poderían substituír na oferta de estabilización por outras, aínda que fosen de categoría, escala e grupo distinto, como se fai nas ofertas de emprego “ordinarias”.