• Número 424
  • 04 de marzo de 2019

Alternativas na Xustiza - CUT

Petición de Xulgados exclusivos de Violencia sobre a Muller

Petición de Xulgados exclusivos de Violencia sobre a Muller
É, pois, o que se intenta acadar unha COMISIÓN INTEGRAL, na que, nembargantes, NON HAI NIN UN SÓ REPRESENTANTE D@S TRABALLADOR@S QUE NO SEU LABOR DIARIO AFRONTAN CON ESTAS SITUACIÓNS

PRESIDENTE DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

Praza Galicia, 1

15004 A Coruña

Polos medios de comunicación, ao longo de estes meses ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT ten coñecemento da constitución, en distintas cidades de Galicia, da Comisión provincial de coordinación para a loita contra a violencia de xénero: con data 15/11/2018, a Subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, participou na constitución da devandita comisión impulsada pola Audiencia de Coruña e na que están representadas tódalas entidades e institucións involucradas na loita contra esta lacra social, e con data 7/2/2019 procedeuse, así mesmo, á creación desta Comisión Provincial en Lugo e Ourense.

A finalidade de esta comisión é mellorar o coordinación, evitar disfuncións, favorecer o protección e a asistencia ás vítimas cunha comisión de carácter provincial no que xuíces, fiscalía, Imelga, Policía, Garda Civil, Subdelegación do Goberno, avogados, procuradores, Xunta e Concello se unan para expoñer as problemáticas e acordar respostas coordinadas que eviten a mínima fenda no sistema.

Trátase dun órgano de carácter técnico de nivel provincial, cuxa creación xurde do CXPX, para permitir aos profesionais do ámbito xudicial unha interlocución con todas as administracións implicadas na loita contra a violencia de xénero.

É, pois, o que se intenta acadar unha COMISIÓN INTEGRAL, na que, nembargantes, NON HAI NIN UN SÓ REPRESENTANTE D@S TRABALLADOR@S QUE NO SEU LABOR DIARIO AFRONTAN CON ESTAS SITUACIÓNS, E AÍNDA MÁIS CANDO O FIN É FACER MÁIS OPERATIVA A OFICINA DE ATENCIÓN A VÍTIMA (que está atendida por funcionari@s da administración de xustiza).

Tendo en conta que nesta comisión se analizarán as medidas de prevención, protección e atención ás vítimas de maltrato, así como o estudo das novidades lexislativas ou a súa proposición, localizar as disfuncións do proceso e facer aportacións que dean un resultado máis efectivo na valoración do risco as vítimas, analizar as ordes de protección e outras circunstancias, NON TEN O MENOR SENTIDO DEIXAR FÓRA DE ESTA COMISIÓN @S TRABAUADOR@S QUE O VIVEN A DIARIO (e compre por esta razón que @s representantes d@s traballador@s tamén a integren).

A EXISTENCIA DE CALQUER TIPO DE COMISIÓN NA QUE NON ESTÉN @S TRABALLADOR@S, @S QUE A VITIMA TEN COMO INTERLOCUTORES CANDO ACODE AOS XULGADOS, ESTÁ XA DE POR SI FRACASADA, por os que coñecen e sofren de primeira man as carencias materiais, de cadro de persoal e o seu efecto nas mulleres vítimas de maltrato e nos seus fillos son @s funcionari@s de xustiza.

Así mesmo, con respecto ao funcionamento dos servizos de atención ao cidadán (que abarcan todos os xulgados dos distintos edificios xudiciais nos que se atopan) é PRECISO E NECESARIO O NOMEAMENTO DE DOUS FUNCIONARl@S QUE ATENDAN DE XEITO EXCLUSIVO E EXCLUINTE AS QUEIXAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO, tal e como se contempla no Pacto de Estado.

O documento elaborado polo promotor e aprobado pola comisión permanente do CXPX establece que "serán os dous funcionari@s da unidade de atención ao cidadán @s encargad@s @s que de xeito exclusivo asuman a xestión e tramitación de TODAS AS QUEIXAS PRESENTADAS TANTO POLAS VÍTIMAS COMO POLOS PROFESIONAIS, de modo que queda garantida a unificación dos criterios e a rigorosidade nas respostas; asemade, elaborarán unha ESTATÍSTICA completa, na que figurarán as razóns das queixas relacionadas coa actuación dos órganos xudiciais. Toda a información que se recabe facilitará a realización de estudos máis precisos sobre as queixas, demandas e a situación e percepcións dos xulgados de violencia de xénero.

@s funcionari@s que se ocupen de atender ás vítimas de violencia estarán especializad@s na materia, polo que a súa formación específica en cursos impartidos por persoal cualificado do CXPX será obrigatoria: toda esta formación verase implementada con visitas a servizos e institucións implicados na loita contra a violencia de xénero.

Levar á práctica este proxecto require non só a creación de novas prazas senón tamén a adaptación da oficina de atención ao cidadán garantindo unha privacidade en temas tan delicados: sirva como exemplo a cidade de Vigo, onde existe un proxecto piloto moi valorado polas vítimas e as asociación que as representan.

Salvo no caso das cidades de A Coruña e Vigo (onde existen XULGADOS EXCLUSIVOS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER), as outras cinco grandes cidades de Galicia compatibilizan as función propias do xulgado coa violencia, o que provoca que estean de garda os 365 días do ano, pois a materia de violencia é URXENTE, tal e como se contempla na lei orgánica de protección integral ás vítimas.

Realizar o traballo de xeito eficaz e controlado nos xulgados que levan materia de violencia PERO NON DE XEITO EXCLUSIVO É IMPOSIBLE pois conxugar o traballo propio dun xulgado de instrución (coas correspondentes gardas, causas penais, etc) cos asuntos dun xulgado exclusivo de violencia sobre a muller (celebración de xuízos rápidos, denuncias por violencia, detidos que son postos a disposición, quebrantamentos, ordes de protección propias ou doutra demarcación, exhortos (xa que sempre que o domicilio ou paradoiro, xeralmente do imputado, estea dentro da competencia territorial do xulgado ou a vítima teña outro domicilio no momento dos feitos pero presenta a denuncia dentro do partido xudicial de Ourense).

A valoración que facemos de todo o exposto desde ALTERNATIVAS NA XUSTIZA·CUT sobre a "manipulación como arma electoral" feita tanto dende o Goberno da Xunta de Galicia como dende o Goberno central), pois só queda de xeito testemuñal, xa que na realidade non se fai nada.

Pero, ao igual que para Pilar Fernández, fiscal especializada en violencia sobre a muller, "a solución real é a que cumpra con todos os mandatos da Lei Orgánica de Protección Integral da Violencia''.

Para ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT é imprescindible que nas cidades de PONTEVEDRA, OURENSE, SANTIAGO, LUGO E FERROL se creen XULGADOS EXCLUSIVOS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER. Calquera outra decisión sería unha continuación do problema.

Por todo o anteriormente exposto, desde AXG-CUT solicitamos a integración nestas comisións d@s representantes d@s traballador@s.

Galicia, 20 de febreiro de 2019.

Pablo Valeiras Ríos

Responsable do sindicato ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT

Preme para ampliar