• Número 424
  • 04 de marzo de 2019

CUT - Secretaría das Mulleres

8 de marzo, convocatoria de folga de 24 horas

8 de marzo, convocatoria de folga de 24 horas
A convocatoria de folga de 24 horas do 8 de marzo é plenamente legal tras ser rexistrada así por diversas organizacións sindicais en Galicia. entre elas a CUT

A convocatoria de folga de 24 horas do 8 de marzo é plenamente legal tras ser rexistrada así por diversas organizacións sindicais en Galicia. entre elas a CUT.

Porque facer folga? Os movementos feministas do pais, incluído o sindicalismo feminista. queren evidenciar que se as mulleres paran a vida para. Facemos folga para visibilizar o noso poder sobre o sistema e unirnos en combate contra todas as violencias machistas e capitalistas. A folga realízase no plano laboral. estudantil, de coidados e de consumo.

 

Debo avisar a empresa se vou á folga? Nunca. Se a empresa che pregunta non tes que responder e, en determinados supostos, podería entenderse como coaccións.

 

A empresa pode tomar represalias contra min? Non, o da folga é un dereito fundamental.

Entón, que consecuencias ten? Descontaranse as retribucións dese dla e a parte proporciona! Das gratificacións. Non se desconta a parte proporciona! Das vacacións nin festivos nin do descanso semanal nin o plus de asistencia e puntualidade.

 

Poden substituírme? En ningún caso! En caso de suceder. ponte Inmediatamente en contacto con nós

 

Como sei se estou dentro dos servizos mínimos? Teñen a obriga de comunicarcho. Só se impoñerán servizos mínimos nos servizos públicos esenciais aínda que é común que sindicatos e Administración non teñamos o mesmo criterio. En caso de formar parte deles, deberás ser avisada e a túa asistencia ao traballo será obrigatoria.

 

Se son home, podo sumarme á folga? A CUT rexistrou folga só para mulleres. Desde a Secretaría de Mulleres animamos aos homes que queiran solidarizarse coas compañeiras en folga a ceder parte do seu salario para contribuír aos gastos das folguistas.

Documento