• Número 423
  • 25 de febreiro de 2019

STOP Desafiuzamentos

“Imos defender a casa da miña nai ata o último minuto”

“Imos defender a casa da miña nai ata o último minuto”
O desafiuzamento está previsto para o 28 de febreiro a unha veciña de Teo de 70 anos, que denuncia falta de vontade de negociación por parte do Banco Santander

A veciñanza de Santiago e de Teo, congregouse diante da oficina do Banco Santander de Praza de Galicia para amosar o seu apoio a unha muller de Teo que está a punto de ser desafiuzada da casa que construíu hai 20 anos. Marcos Couceiro, o fillo da afectada, mobilizou tanto aos seus veciños como aos políticos locais de ambos Concellos para tentar frear o que consideran “un abuso”.

Trátase dunha persoa de 70 anos sen outra vivenda dispoñible, que leva arredor de 9 anos nunha longa batalla contra os diferentes bancos (primeiro o Banco Pastor, logo o Banco Popular e agora o Santander), pero sen resultado favorable. A familia da afectada denuncia a falta de vontade por parte da entidade para negociar unha solución favorable a ambas partes.

Máis de medio centenar de persoas asinaron e entregaron no banco un documento pedindo que se paralice o desafiuzamento previsto para o vindeiro 28 de febreiro e se negocie unha solución. Ademais, os políticos mantiveron unha reunión que tampouco resultou moi esclarecedora. Como explica o alcalde de Teo, Rafael Sisto, “negociar con empresas voitre e complicado”.

https://nostelevision.gal/imos-defender-a-casa-da-mina-nai-ata-o-ultimo-minuto/