• Número 423
  • 25 de febreiro de 2019

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal

Reunión da Xunta de Persoal
Unha vez en marcha as eleccións sindicais, a Xunta de Persoal abordará as cuestións de trámite

Unha vez que se puxo en marcha o proceso de eleccións sindicais, á Xunta de Persoal vixente na actualidade correspóndelle adoptar medidas que non condicionen a actuación da que proximamente sairá das urnas. Neste contexto realizamos a reunión da Xunta de Persoal o día 21 de febreiro.

Puntos máis relevantes

3.- Nomeamento de tribunais para as promocións do 2018. (3 tribunais segundo a convocatoria).

- Un para a escala técnica superior (subgrupo A1):

o   Terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo) e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio).

- Un para a escala técnica de grado medio (subgrupo A2):

o   Terá a categoría segunda das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo) e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio).

- Un para a escala técnica de especialistas (subgrupo C1),

o   Terá a categoría terceira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo) e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio).

A secuencia de nomeamentos:

Tribunal da escala técnica superior (subgrupo A1):

o   APA e CSIF

Tribunal da escala técnica de grado medio (subgrupo A2)

o   CIG e CCOO

Tribunal da escala técnica de especialistas (subgrupo C1)

o   UGT e APA

Nos vindeiros días transmitiremos os respectivos nomeamentos para se aprobar pola Xunta de Persoal.

Proposta de OEP de estabilización remitida pola Xerencia

Adóptase a decisión de requirir ao xerente unha convocatoria de reunión na que se clarifiquen as prazas da convocatoria. Como xa vos informamos no anterior PASquín temos a convicción de que na relación que se nos remite non aparecen todas as prazas susceptibles de se reflectir na OEP de estabilización.

Nomeamento dun representante para o Laboratorio de Participación da UDC

Dada a situación de provisionalidade da Xunta de Persoal adóptase a decisión de non proceder ao nomeamento solicitado á espera de que o faga a Xunta de Persoal que sairá das eleccións xa en marcha.

Votación do PAS

A Xunta de Persoal adoptara, por maioría, a decisión de consultar ao persoal os puntos que, nas convocatorias de quenda libre, deberían corresponder á fase de concurso e cantos á fase de oposición. A situación na que actualmente se atopa a Xunta de Persoal, obriga a non realizar a consulta quedando nas mans da Xunta de Persoal que sairá das urnas a súa determinación.

Na reunión analizáronse, tamén, as propostas das convocatorias, de quenda libre, enviadas pola Xerencia o pasado día 19 de febreiro e que xa foran rexeitas con anterioridade por non ser coherentes co mínimo rigor esixible. Nunha primeira análise constátase que se repiten os erros que no seu día nos levaron a rexeitar as propostas que se nos enviaron, así se lle fará saber á Xerencia.

Escrito remitido á Xerencia