• Número 423
  • 25 de febreiro de 2019

Sanidade Pública

Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada lémbranlle ao Sergas que non están a pedir “melloras” senón o cumprimento de pactos e das leis vixentes

Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada lémbranlle ao Sergas que non están a pedir “melloras” senón o cumprimento de pactos e das leis vixentes
@s traballador@s rexeitamos o seu borrador, e seguimos esixindo, que non negociando, o cumprimento do Pacto 2008

Os traballadores da PAC o pasado luns votaron non ao borrador presentado polo Sergas que definen como “melloras” ,cando a realidade é todo o contrario, empezando porque nunca pedimos melloras, senón o cumprimento do pacto 2008 e das leis vixentes. Debullemos os puntos:

1.    Abono de dúas dietas en gardas de 24 horas, cremos que é lóxico dar para comer e cear cando se traballan 24 horas ou na súa falta pagar dúas dietas para que poidan

2.    Equipos de protección individual…O Estatuto Marco dos traballadores e as actuais leis de protección de regas laborais, obrigan ás empresas a velar pola seguridade dos seus traballadores, polo que independentemente de que os traballadores acepten ou non este borrador, o Sergas debería de estar xa facilitándonos os EPIS adecuados ao noso traballo, que por se o descoñece, abarca moito máis que o 061, pois traballamos dentro e fóra dos centros, medicalizados diversos tipos de vehículos. A nosa s seguridade non se negocia, esíxese un cumprimento das leis nesta materia.

3.    20% Que o Sergas insiste en dicir que sería un incremento, faltando unha vez máis á verdade. Non é que lle pidamos ao Sergas que nos suba un 20% duns complementos, senón que nos abone o 20% que nos falta para chegar cobrar o 100% dos mesmos segundo o pactado no 2008 onde se establecía que no 2010 cobrariamos o 100% dos mesmos, cousa que a día de hoxe, despois de case 9 anos, aínda non sucedeu. Tampouco entendemos como mellora que se nos ofreza ese 20% de novo prorrateado en 2 anos de novo condicionado á “dispoñibilidade orzamentaria” ,cando consideramos que na actualidade xa se dan esas condicións, pois se houbo incrementos noutras partidas incluído incremento do 7.5 do soldo do presidente e dos seus conselleiros nos orzamentos do 2017 e sen prorrateos. Lembrámoslle que estes complementos son unha compensación pola penosidade do noso traballo que se desenvolve na súa maior parte  en xornada nocturna e festivos, e que supón algo máis de 1/3 do noso soldo que o deixamos de cobrar en casos de permisos.

4.    Respecto ao cómputo de xornada, o Sergas ofrece unha suposta neutralidade en determinados permisos mediante unha fórmula de liquidación corrixida ,que se nega a facilitar, mentres no noso Pacto do 2008 garantíasenos a neutralidade en todos os permisos. De Aquí a única mellora que vemos é que admitiron que o pacto non se cumpría, pero seguen co mesmo método de liquidación. Nós só pedimos que nos deixe claro nos nosos calendarios cal é a nosa xornada ordinaria sobre a cal ten que ser neutra , como sucede co resto de compañeiros da Atención primaria, á cal pertencemos .

5.    Por último, aínda que non menos importante, o incremento do persoal Aquí só vemos promesas vagas. Pedimos uns prazos claros para o estudo das necesidades e a incorporación de novos efectivos. No caso de equipos completos, non hai escusas, neste momento déficit de profesionais de enfermaría non hai, simplemente pouca vontade para completar os equipos e aumentar dotación en xeral. Lembrámoslle que a PAC  somos o persoal que se considera mínimo necesario para dar asistencia sanitaria á poboación, Se o Sergas ve demorable que os centros e áreas de poboación queden  sen persoal sanitario durante horas, será a súa responsabilidade, pero nós non podemos seguir permitindo que se venda unha falsa seguridade aos nosos pacientes , e moito menos que isto se venda como unha mellora.

Polo anteriormente exposto rexeitamos o seu borrador, e seguimos esixindo, que non negociando, o cumprimento do Pacto 2008, da legalidade vixente e velar pola seguridade dos nosos pacientes

https://www.21noticias.com/2019/02/los-trabajadores-de-los-puntos-de-atencion-continuada-le-recuerdan-al-sergas-que-no-estan-pidiendo-melloras-sino-el-cumplimiento-de-pactos-y-de-las-leyes-vigentes/?fbclid=IwAR1ZNWXjYaku8Zph1zazDf1sZ70ZKYTZUQRr9qUsIVl7PksvtdOrR-cZ0Q8