• Número 423
  • 25 de febreiro de 2019

Universidade

Eleccións sindicais

25 de febreiro de 2019 | O pasado luns, día 18, realizouse unha reunión dos sindicatos que convocaron as eleccións, coa Xerencia, á reunión asistiu tamén a APA que supera o 10% da representatividade no colectivo de PAS. A finalidade da xuntanza foi a de establecer os procedementos que concluirán coa votación o vindeiro 9 de maio.

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal

25 de febreiro de 2019 | Unha vez que se puxo en marcha o proceso de eleccións sindicais, á Xunta de Persoal vixente na actualidade correspóndelle adoptar medidas que non condicionen a actuación da que proximamente sairá das urnas. Neste contexto realizamos a reunión da Xunta de Persoal o día 21 de febreiro.

Universidade

Nova reunión do Consello de Goberno

25 de febreiro de 2019 | O vindeiro día 27 de febreiro realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno, posiblemente a última antes de que tomen posesión @s representantes elixid@s nas recentes eleccións do Claustro Universitario. Como facemos desde que asumimos a representación neste órgano colexiado de goberno, poñémonos á vosa disposición para reflectir na sesión o que consideredes oportuno.

Universidade

APA NON abrirá o seu local no CUR este luns

25 de febreiro de 2019 | Lembrámosvos as nosas extensións telefónicas e os nosos enderezos electrónicos para que, se o considerades oportuno, vos poñedes en contacto con nós.

CUT

Nueva Pescanova, crónica dunha venda anunciada

25 de febreiro de 2019 | A negociación do pasado convenio viuse traspasada pola convocatoria de folga e unha solución con mediación incluída. Aquela folga, convocada por CUT, CIG, UGT e máis a USO, cos esquirois de CCOO, levou tamén á detención do noso delegado Luis Bar, cando a empresa decidiu enviar 15 leiteiras para garantir o paso dos esquirois de CCOO.

Formación

Cursos de lingua galega preparatorios das probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

25 de febreiro de 2019 | A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de convocar no DOG, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.

CUT - Secretaría das Mulleres

A CUT convoca unha folga só para mulleres no 8 de marzo

25 de febreiro de 2019 | AST, Co.Bas, SAS, IA, SO e SUSH rexistraron de maneira conxunta un preaviso de folga xeral o día 8 de marzo. Tamén hai convocatoria de folga por parte da CUT en Galicia, IAC en Catalunya ou o SAT andaluz.

Sanidade Pública

Atención Primaria irá á folga na Galiza

25 de febreiro de 2019 | Así o acordou a Coordinadora Galega de Atención Primaria a petición de asembleas de persoas de áreas sanitarias, que solicita abrir un diálogo coa administración para atopar solucións á situación deste servizo.

Sanidade Pública

Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada lémbranlle ao Sergas que non están a pedir “melloras” senón o cumprimento de pactos e das leis vixentes

25 de febreiro de 2019 | Os traballadores da PAC o pasado luns votaron non ao borrador presentado polo Sergas que definen como “melloras” ,cando a realidade é todo o contrario, empezando porque nunca pedimos melloras, senón o cumprimento do pacto 2008 e das leis vixentes. Debullemos os puntos:

Sanidade Pública

As políticas da Xunta fixeron estoupar a burbulla da sanidade pública

25 de febreiro de 2019 | As saturacións das urxencias, a falta de persoal, prazas que non se cubren e tribunais de avaliación que se deben repetir. Ademais destes puntos, a sanidade pública galega esta deixando ver deficiencias froito da década de crise económica. O recorte de gasto incidiu na sanidade pública e agora a burbulla estoupou.

Sanidade Pública

'Feijóo dimisión, ambulancias corrupción' bérranlle os traballadores de ambulancias ao presidente

25 de febreiro de 2019 | Traballadores de ambulancias protestaron este mércores á saída dun acto do presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en Santiago de Compostela, onde lle esixiron a súa "dimisión".

Defende a Galega

O 40º venres negro pide a marcha do director xeral

25 de febreiro de 2019 | O novo ditame xudicial contra a CRTVG chega no 40º venres negro co que boa parte do persoal da Corporación segue a mobilizarse “contra a manipulación” e polo cumprimento da Lei de Medios. Nesta ocasión, e aproveitando o 70º aniversario do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, o colectivo Defende A Galega pide a súa marcha. “Vai sendo hora de ir para a casa”, reclama.

CUT - CRTVG

O TSXG anula a decisión unilateral da CRTVG de poñer aos seus redactores a editar vídeo

25 de febreiro de 2019 | O fallo, que responde á demanda presentada polos sindicatos CUT e UGT, recoñece a existencia dunha modificación substancial das condicións de traballo que a empresa sempre negou.

Alternativas na Xustiza - CUT

Alternativas na Xustiza quere un xulgado exclusivo para a muller

25 de febreiro de 2019 | Para este sindicato, é fundamental que se habiliten locais para as vítimas "nos que poidan esperar sen ter que confrontar co acusado e, do mesmo xeito, se cren prazas especializadas en materia de violencia de xénero"..

STOP Desafiuzamentos

“Imos defender a casa da miña nai ata o último minuto”

25 de febreiro de 2019 | O desafiuzamento está previsto para o 28 de febreiro a unha veciña de Teo de 70 anos, que denuncia falta de vontade de negociación por parte do Banco Santander.

Radios comunitarias

Comunicado de CUAC ante o recurso da Xunta de Galicia á sentenza do TSXG que garante o dereito de emisión de CUAC FM

25 de febreiro de 2019 | O pasado 7 de febreiro o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia notificou a Cuac FM a dilixencia pola cal a Xunta de Galicia anuncia a preparación dun Recurso de Casación contra a sentenza 00507/2018 deste Tribunal, favorable a Cuac FM...

Loita feminista

Ante a presenza de agresores e organizacións cómplices no #3MVouALugo

25 de febreiro de 2019 | Os diferentes colectivos e individualidades feministas que formamos Galegas8m e que convocamos a manifestación nacional do 3 de Marzo en Lugo, así como as diversas mobilizacións nas localidades o propio día da Folga de Mulleres, condenamos todo tipo de agresións machistas, en calquera espazo, e tamén ás organizacións sociais e políticas que, en troques de asumir a súa responsabilidade na erradicación das violencias patriarcais, so ofrecen silenciamento e humillación ás agredidas, e cumplicidade e cobertura aos agresores.

Loita social

Presentan alegacións o proxecto de drenaxe temporal da mina de Touro

25 de febreiro de 2019 | Membros da “Plataforma veciñal Mina Touro-Pino Non” achegaron este luns 18 as alegacións ao Proxecto de Drenaxe Temporal da mina de Touro presentado recentemente pola actual titular, Explotaciones Gallegas SL.

Memoria

“Non é unha denuncia contra min, é contra a cidadanía deste Estado”

25 de febreiro de 2019 | A familia Franco resístese a perder os privilexios derivados da Guerra Civil e os 40 anos de ditadura. A última das súas accións, unha vaga de denuncias contra participantes e produtoras do programa de Mediaset En el punto de mira sobre o patrimonio dos descendentes do ditador.

USC

O que non che contaron sobre a situación do persoal investigador da USC

25 de febreiro de 2019 | A Asemblea de Investigadoras de Compostela denuncia discriminación salarial e precariedade laboral na Universidade de Santiago

Lingua - USC

O castelán, amo e señor na docencia da universidade galega

25 de febreiro de 2019 | A Universidade de Santiago transmite en español tres de cada catro horas de clase mentres que o galego representa só algo máis dunha hora de cada cinco. As titulacións de mestrado son as máis achegadas a un modelo bilingüe castelán-galego (61,54% e 36,30%, respectivamente), mentres que as titulacións de grao, as de maior peso docente reducen o uso do galego ata 21,06%. Son dados do servizo de normalización lingüística da USC..

STOP Desafiuzamentos

Stop desafiuzamentos: expropiar vivendas dos bancos e impoñer o control de alugueres

25 de febreiro de 2019 | Un grupo financeiro voitre fíxose co edificio de Argumosa 11, en Lavapiés. Un barrio que está acosado cada vez máis pola xentrificación, a conversión dos edificios en pisos turísticos, e o consecuente aumento sideral do prezo dos alugueres.

Pensións

Un pensionazo desvergonzado

25 de febreiro de 2019 | PSOE, PP, Ciudadanos, PDeCat e PNV, seguiron ao pé da letra na actualización do Pacto de Toledo que pretendían facer as recomendacións de AIReF, organismo que non tivo ningún pudor en propoñer publicamente atrasar a idade de xubilación e calcular a pensión con máis anos cotizados.

Opinión - Iñaki Gil de San Vicente

[Libro] O Capital, un libro que asusta ao capital… e ao reformismo

25 de febreiro de 2019 | O título deste libriño xorde do desenvolvemento do terceiro capítulo do borrador sobre «A urxencia da praxe política do Capital»,