• Número 423
  • 25 de febreiro de 2019

Formación

INAP convoca accións formativas de carácter xeral e específicas para o primeiro semestre de 2019

INAP convoca accións formativas de carácter xeral para o primeiro semestre de 2019
O PAS das universidades públicas inclúese nos destinatarios das accións formativas

Poderán participar nas actividades formativas relacionadas no anexo os empregados públicos que presten servizos a través dunha relación de carácter funcionarial, laboral ou estatutario no ámbito da Administración Xeral do Estado, das Administracións das Comunidades Autónomas, das Cidades con Estatuto de Autonomía de Ceuta e Melilla e da Administración local, así como o persoal de administración e servizos das universidades públicas e o persoal funcionario ao servizo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos.

Os requisitos específicos de participación para cada acción formativa detállanse no anexo.

 Ligazon o BOE

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».

INAP convoca accións formativas en materia de tecnoloxías da información e a comunicación para o primeiro semestre de 2019.

Poderán participar nas actividades formativas relacionadas no anexo os empregados públicos que presten servizos a través dunha relación de carácter funcionarial, laboral ou estatutario no ámbito da Administración Xeral do Estado, das Administracións das Comunidades Autónomas, das Cidades con Estatuto de Autonomía de Ceuta e Melilla e da Administración local, así como o persoal de administración e servizos das universidades públicas e o persoal funcionario ao servizo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, que posúan un perfil tecnolóxico e #desenvolver as súas funcións na área das tecnoloxías da información e a comunicación.

 Os requisitos específicos de participación para cada acción formativa detállanse no anexo.

Ligazón o BOE

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».