• Número 423
  • 25 de febreiro de 2019

Loita feminista

Ante a presenza de agresores e organizacións cómplices no #3MVouALugo

Ante a presenza de agresores e organizacións cómplices no #3MVouALugo
O feminismo non é un slogan. Se non fas parte da solución, es parte do problema

Os diferentes colectivos e individualidades feministas que formamos Galegas8m e que convocamos a manifestación nacional do 3 de Marzo en Lugo, así como as diversas mobilizacións nas localidades o propio día da Folga de Mulleres, condenamos todo tipo de agresións machistas, en calquera espazo, e tamén ás organizacións sociais e políticas que, en troques de asumir a súa responsabilidade na erradicación das violencias patriarcais, so ofrecen silenciamento e humillación ás agredidas, e cumplicidade e cobertura aos agresores.

Este modus operandi significa que as organizacións promoven, avalan e perpetúan as violencias machistas e o sistema heteropatriarcal. Por isto, esiximos que as organizacións sociais e políticas que conscientemente actuaron dende a  inoperancia e o secretismo, e nas que ademáis están integrados e incluso ostentan cargos agresores que levan tempo sinalados, non participen das manifestacións convocadas por este colectivo.

O feminismo non é un slogan. As organizacións que se nomean como feministas teñen dúas opcións: aplicalo nas súas estruturas e prácticas ou deixar de  denominarse como tal.

Se non fas parte da solución, es parte do problema. 

NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!

http://galegas8m.gal/presenza-agresores-organizacions-3mvoualugo/