• Número 423
  • 25 de febreiro de 2019

Universidade

Eleccións sindicais

Eleccións sindicais
As eleccións sindicais xa están en marcha

O pasado luns, día 18, realizouse unha reunión dos sindicatos que convocaron as eleccións, coa Xerencia, á reunión asistiu tamén a APA que supera o 10% da representatividade no colectivo de PAS. A finalidade da xuntanza foi a de establecer os procedementos que concluirán coa votación o vindeiro 9 de maio.

No que se refire ao PAS funcionario constituiranse 3 mesas

o   Mesa Coordinadora. (que á súa vez será na que vote Reitoría e Riazor)

o   Campus da Coruña (Elviña, A Zapateira, Oza e Bastiagueiro)

o   Campus de Ferrol

Horario de votación: de 11:00 a 18:00 horas.

Tempo para votar: dúas horas.

As Mesas Coordinadoras (PAS e PDI) constituiranse o 7 de marzo, día na que a Xerencia proporcionará o censo.

As Mesas Parciais constituiranse o vindeiro 24 de abril na Reitoría, as da Coruña e as de Ferrol na Vicerreitoría de Ferrol.