• Número 423
  • 25 de febreiro de 2019

Defende a Galega

O 40º venres negro pide a marcha do director xeral

O 40º venres negro pide a marcha do director xeral
Aproveitando o 70º aniversario do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, o colectivo Defende A Galega pide a súa marcha. “Vai sendo hora de ir para a casa”

O novo ditame xudicial contra a CRTVG chega no 40º venres negro co que boa parte do persoal da Corporación segue a mobilizarse “contra a manipulación” e polo cumprimento da Lei de Medios. Nesta ocasión, e aproveitando o 70º aniversario do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, o colectivo Defende A Galega pide a súa marcha. “Vai sendo hora de ir para a casa”, reclama. 

“O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, cumpre hoxe 70 anos. Un momento máis que acaído para ir pensando no retiro. Logo de 40 semanas de protestas vai sendo hora de que naza unha nova CRTVG. #PasaPaCasa e pasemos páxina”, di nas súas redes sociais. 

As protestas chegaron tamén á propia emisión da Radio Galega o pasado xoves cando o grupo Los Vagos, que levou a cabo unha actuación en directo. “Quero dedicar este tema a todos os traballadores da Radio Galega e da TVG, que están pelexando contra a manipulación, e polos venres negros”, dixo un dos seus membros. “Aínda que non sae moito nos medios, como estamos en directo... Igual non os chaman para a seguinte, pero quero dedicarlles este tema a eles”, insistiu. 

O TSXG anula a orde da CRTVG aos seus redactores para que tamén editasen vídeo