• Número 423
  • 25 de febreiro de 2019

Sanidade Pública

Atención Primaria irá á folga na Galiza

Atención Primaria irá á folga na Galiza
Así o acordou a Coordinadora Galega de Atención Primaria a petición de asembleas de persoas de áreas sanitarias

Si haberá folga xeral en Atención Primaria na Galiza. Así o decidiu na tarde desta segunda feira a Coordinadora Galega de Atención Primaria, recollendo a luva da proposta que nestas semanas foi collendo forza nas asembleas de persoal deste servizo que se realizan nas diferentes áreas sanitarias. Un paro para o que non hai data aínda, pois pode que non sexa unha convocatoria inmediata, que sirva para mostrar o “insostíbel” da situación que se vive en Atención Primaria por mor dos recortes e falla de persoal e medios.

Fontes da Coordinadora avanzaron a  Sermos Galiza a decisión que fica pendente de se concretar polo miúdo. Destacan, así mesmo, a importante asistencia e participación na xuntanza deste órgano, con presenza de facultativos, persoal e representantes de sociedades científicas, e que a proposta de greve contou cun apoio absoluto. A data e formato da folga ("coordinada cos sindicatos") fican pendentes de concretar, o que se fará após o día 20, data na que o goberno galego presenta o seu novo modelo de Atención Primaria.

A Coordinadora tamén acordou solicitar unha negociación coa administración na que poñerán sobre a mesa unha serie de cuestións que consideran de gran importancia: aumento de orzamento significativo para Atención Primaria (até 25% do orzamento sanitario total), incremento  de persoal (convocatoria inmediata de todas as prazas que se necesitan), contratos estábeis e dignos. Entre as demandas do persoal deste servizo tamén está a creación da Xerencia de Atención Primaria en pé de igualdade ca Xerencia Hospitalaria.

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/atencion-primaria-ira-folga-galiza/20190219095819076218.html

Continúan as mobilizacións en atención primaria

A Consellaría de Sanidade non consegue pechar o conflito de atención primaria. Os paros de 5′ continúan así como o resto de mobilizacións. A Coordinadora Galega de Atención Primaria vaise reunir de novo o luns 18 de febreiro.

Vídeos de paros de 5′:

15 de febreiro Santiago: https://youtu.be/U93bIFoM4rw

14 de febreiro: Vigo e Pontevedra https://youtu.be/kXlT4d2usps

13 de febreiro: A Coruña https://youtu.be/wKYnBwxKzEg

12 de febreiro: Lugo https://youtu.be/gduwcXcF_kw

11 de febreiro: Ourense e Ferrol https://youtu.be/Eru0NQrYw0M

https://sossanidadepublica.wordpress.com/